Outros cursos

Outros cursos: Inscrición e matrícula 2024- 2025

 

Preme na imaxe do curso para acceder directamente á ligazón de inscrición ou matrícula

Para máis información sobre prazos de matrícula e documentación a presentar, consulta "Cursos monográficos" 

 

Inscríbete nos CALC cuadrimestrais

Información pendente de actualizar para o curso 2024-2025

Desde a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía queremos informarvos que aínda quedan uns días para realizar a inscrición nos cursos de actualización lingüística en inglés e no curso de galego que o centro ofrece a través do aplicativo Fprofe da Consellería de Educación (www.edu.xunta.gal/fprofe).

 

Co fin de facilitar a localización destes cursos enviámosvos aquí información máis ao detalle. Clica en Ler máis.

Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os CELGA 2024 - 2025

A consellería competente en materia de educación publica cada ano a correspondente convocatoria para a celebración, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, CELGA. 

  • Os cursos de linguaxe administrativa galega realízanse en liña e teñen unha duración de 75 horas.
  • Os cursos preparatorios para os certificados CELGA teñen unha duración de 60 horas lectivas.

Prazo de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

Cursos monográficos de competencia xeral 2024-2025

 

 

Estes cursos están enfocados á práctica e mellora das destrezas comunicativas. Constan de unha ou dúas sesións semanais de dúas horas cada unha dependendo do curso. Abranguen un total de 60 ou 120 horas anuais ou cuadrimestre dependendo do curso. Ao rematar, expídese un certificado segundo o recollido na respectiva programación.

OFERTA DE CURSOS

No curso 2024-2025, impartiranse os seguintes cursos:

Anuais

  • Alemán B2 e C1
  • Francés C1
  • Inglés B1 e B2
  • Portugués C1

Primeiro cuadrimestre

  • Alemán A2
  • Inglés A2

Segundo cuadrimestre

  • Alemán B1

DATAS DE MATRÍCULA

Do 28 de xuño ao 19 de xullo de 2024.

Do 26 de agosto ao 20 de setembro de 2024.

Para matricularte nos cursos monográficos anuais preme nesta ligazón.

Distribuir contido