Administración

Trámites e formularios frecuentes

Modelos de documentos máis frecuentes:

  • Instancia xeral. Fáganos chegar as súas queixas, peticións e suxestións. Pode empregar este modelo para exercer o dereito de desistencia (14 días dende a matrícula ou o inicio das aulas).
  • Solicitude de renuncia á matrícula oficial. Prazo ata o 30 de abril. Debe entregarse no rexistro do centro ou enviar por correo certificado.
  • Solicitude de devolución de prezos públicos. Se ingresou cantidades indebidas ou obtivo beca despois de facer o pagamento das taxas, pode solicitar a devolución das cantidades ingresadas indebidamente. Tamén debe empregar este modelo en caso de desistencia (14 días dende a matrícula). Xunto coa solicitude, no momento de entregar a documentación, presente os documentos orixinais e faremos as compulsas das copias na secretaría.
  • Modelo reclamación de cualificacións. En caso de desacordo coa cualificación da proba de promoción ou certificación, pode presentar unha reclamación dentro dos dous días seguintes á data de publicación da mesma. Presente un modelo por cada unha das destrezas coas que esté en desacordo. O motivo da reclamación debe axustarse ao dispoto no normativa vixente. Consulte a información completa no dorso do modelo de documento.
  • Solicitude de expedición de títulos e certificados (certificados B2, C1, e C2 das ensinanzas LOE-LOMCE. Títulos de plans de estudos anteriores).

Certificacións académicas, diplomas e títulos

Os "certificados de nivel", en formato de título ou diploma, pódense obter unha vez o alumnado teña superado o nivel correspondente. Son de dous tipos.

A. Diplomas dos niveis A1, A2, B1 (plan 2016), Intermedio-B1 e C1 (plan 2007) e Ciclo Elemental (plan 1988)

De acordo co artigo 11.9 do Decreto 81/2018 do 19 de xullo, co artigo 16 da Orde do 8 de setembro de 2008, e co artigo 11 do Real Decreto 967/1988 do 2 de setembro, respectivamente, é a EOI quen debe expedir os certificados destes estudos.  

B. Titulos dos niveis B2, C1 e C2 (plan 2016), Avanzado-B2 (plan 2007), e Ciclo Superior (plan 1988)

De acordo coas mesmas normas será a Xunta de Galicia, previa solicitude na secretaría do centro onde se cursaron e o pagamento da taxa correspondente, a que expida os certificados de nivel dos seguintes estudos: Intermedio-B2, Avanzado-C1 e Avanzado-C2 [plan 2017]; Nivel Avanzado (B2) [plan 2006]; Ciclo Superior [plan 1988].

Para solicitar este título deberá pasar pola secretaría do centro e:

1. cubrir o formulario de solicitude (debe cubrirse un formulario por idioma e nivel)

2. pagar a taxa correspondente mediante o impreso de liquidación AI (25,91 €; familia numerosa xeral: 12,97 €; familia numerosa especial: 0 €) 

O impreso de autoliquidación pódese xerar na seguinte ligazón: Oficina Virtual Tributaria da ATRIGA (en Cidadáns>Pago de taxas e prezos>Iniciar taxa>Descargar modelo)

Solicitude e recollida de certificados

A solicitude e recollida de certificados faranse na secretaría do centro dentro do horario de atención. A persoa interesada poderá recoller os certificados a partires dos sete (7) días seguintes á data da solicitude.

Caso de non poder recollelos en persoa, poderá extender autorización a unha terceira persoa: deberá acompañarse de copia do DNI/NIE do titular do certificado e deberá constar identificación da persoa autorizada.

Validez dos certificados

As Titulacións das Escolas Oficiais de Idiomas valóranse segundo a lexislación establecida a tal efecto en:

  • acceso á función pública;
  • habilitación para impartir especialidades en postos de ensinanza primaria;
  • concurso de traslados na función pública docente;
  • valoración como formación permanente do profesorado;
  • créditos de libre configuración na universidade.

Solicitude de traslado de expediente

Para solicitar un traslado de expediente da EOI de Vilagarcía de Arousa a outra Escola Oficial de Idiomas, a persoa interesada non precisa presentar solicitude no noso centro. A EOI de destino, caso de estar noutra comunidade autónoma, poderá esixirlle unha certificación académica. O traslado tramítase de oficio, entre secretarías.

Distribuir contido