Lexislación

Normativa das Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Consulte nesta ligazón a compilación de normativa que mantén a consellería competente en materia de educación.

Faltas de asistencia dos menores de idade

Os pais, nais ou titores do alumnado menor de idade poden comprobar as súas ausencias ás aulas entrando en CentrosNet. Para acceder deberán introducir como "usuario" o número de expediente ou a data de nacemento e como "contrasinal" o DNI do/a menor (sen letra).

Tamén poden contactar directamente cos profesores/as no horario que estes teñen de atendimento ao público.

Descargue neste enlace as instrucións e o protocolo para entregar asinado na secretaría.

Información sobre homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros

A validación e homologación de titulacións corresponde, con carácter xeral, ao ministerio con competencias en materia de educación.

Visite a web do Ministerio de Educación y Formación Profesional: Homologación y convalidación de títulos y estudios extranjeros no universitarios

LEXISLACIÓN AUTONÓMICA

Información sobre protección de datos persoais

 

Segundo se recolle no vixente Protocolo de Protección de Datos Persoais e no documento de Preguntas e Respostas Frecuentes, os centros están lexitimados para a toma de imaxes como parte da función educativa.

Na páxina web https://www.edu.xunta.gal/portal/protecciondatos atopará máis información ao respecto.

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Finalidades do tratamento

Difusión e promoción das actividades indicadas organizadas polo centro Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.

Lexitimación para o tratamento

Consentimento outorgado polo/a interesado/a.

Destinatarios dos datos

As imaxes poderán ser publicadas, coa mesma finalidade, a través dos medios detallados anteriormente.

Exercicio dos dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o/a responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como retirar o consentimento outorgado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Tamén poderán retirar o consentimento outorgado presentando a súa solicitude ante o propio centro docente. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.

Contacto delegado/a protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

 

 

Distribuir contido