Preinscrición

Preinscrición curso 2024-2025

Importante: a matrícula con preinscrición consta de catro pasos:

Asegúrese de completar todos os pasos para que a súa matrícula sexa válida.

  • Prazo de preinscrición: do 24 de xuño ao 05 de xullo ás 23.59 horas.
  • Prazo de matrícula: do 9 ao 19 de xullo ás 23.59 horas.

Teñen que preinscribirse as persoas que:

  • solicitan cursar estudos no nivel básico A1 por primeira vez.
  • proceden dunha proba de clasificación (realizada en xuño 2024 ou nos dous cursos anteriores).
  • contan con acceso directo a un curso determinado por posuír unha determinada certificación ou titulación (ver accesos directos).
  • desexan incorporarse ao réxime presencial despois de superar as probas libres.
  • proceden de traslado de matrícula doutra EOI.
  • son antigo alumnado que non estivo matriculado no curso 2023-2024.
  • renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2023-2024.

NON teñen que facer preinscrición:

  • O alumnado oficial matriculado no curso 2023-2024, aínda que se presentara ás probas libres do mesmo idioma.
  • O alumnado de That's English! que desexe pasar a ensino presencial: debe contactar coa secretaría do centro para poder facilitarlle acceso á aplicación.
Tamén pode consultar a normativa no Anexo II: Procedemento de preinscrición en liña.

Para acceder á aplicación de preinscrición unificada para todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia prema na seguinte ligazón: www.eoidigital.com/preinsxunta Estará dispoñible unha vez abra o prazo.

A obtención de número para a adxudicación das prazas realizarase en acto público, o día 8 de xullo ás 9.00 horas, na EOI de Vilagarcía de Arousa. O día 9 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. Unha vez publicadas as listaxes de admitidos o alumnado preinscrito deberá confirmar a matrícula en liña.

Preinscrición: confirmación de praza e entrega de documentación

Aquí recóllense o terceiro e o cuarto paso para formalizar a matrícula da praza que lle foi asignada na adxucación. Deberá presentar toda a documentación en liña para que a matrícula sexa efectiva.

Reserva da praza e entrega da documentación:

O 8 de xullo, realízase a adxudicación de prazas. Deberá acceder á aplicación de preinscrición (www.eoidigital.com/preinsxunta) dende o día 9 de xullo ata o 19 de xullo ás 23.59:

  1. Caso de obter praza, terá unha nova ligazón "Confirmar matrícula" no seu formulario de preinscrición. Prema na ligazón para reservara praza concedida. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. O sistema xerará un resgardo por duplicado onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude. A praza queda reservada, pendente de confirmación pola secretría do centro.
  2. Realice o pagamento das taxas. Pode consultar na seguinte ligazón a información para o pago das taxas correspondentes.
  3. Deberá cargar na aplicación a documentación requirida. Segundo o caso: o resgardo da confirmación de matrícula, o resgardo de ter pagado as taxas ou a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe, fotocopia do DNI (se é alumno novo), a documentación que lle da acceso ao nivel distinto de A1, e unha fotografía tamaño carnet. Só unha vez revisada toda a documentación por parte da secretaría do centro, procederase á confirmación da matrícula.
  4. Respecte o prazo: o pagamento e a presentación da documentación deberán efectuarse no prazo establecido. A falta de pagamento e/ou presentación de documentación no prazo implica automaticamente a anulación da praza.

Documentación que debe entregarse coa matrícula

Prema aquí para máis información sobre a documentación.

Información importante relativa á matrícula:

- A posta en marcha do grupo elexido dependerá do número total de inscritos que o xustifique.
- As datas de celebración das probas de progreso e da convocatoria ordinaria poderán realizarse en día e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula. Na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.
- Perda do dereito á matrícula: a non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a dirección nos 15 días seguintes ao inicio do curso académico implicará a perda da condición de alumnado oficial e a escola disporá destas prazas para seren cubertas por outros aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.

Preinscrición: comprobación da adxudicación de praza

Esta información aplícase ás persoas que realizan preinscrición. A información que se proporciona é individual e está dispoñible una vez realizado o sorteo da adxudicación.

Empregue a seguinte ligazón: www.eoidigital.com/preinsxunta. Prema na opción "Identificación" e introduza os seus datos para acceder e comprobar se está admitido.

Caso de obter praza na adxudicación, siga as instrucións que se recollen neste enlace.

IMPORTANTE:

  • Caso de non confirmar a súa matrícula e entregar a documentación nos prazos establecidos, a praza quedará vacante e poderá ser ofertada na quenda de matrícula inmediatamente posterior.

acceso_preins

 

Distribuir contido