eTwinning

eTwinning

Nesta sección atoparás a traxectoria do noso centro dentro da rede de eTwinning. Poderedes ver as actividades de formación realizadas, os proxectos levados a cabo por membros do noso profesorado, así como outras actividades relacionadas. 

Para máis información sobre o eTwinning, clica aquí.

Mesa redonda grupos eTwinning escuela oficial de idiomas e formación profesional.

Xa formas parte de eTwinning? Sabes que podes integrar os grupos de traballo e colaboración para enterarte das posibilidades de colaboración? Mesa Redonda del dia 26 de noviembre 2021 a las 13:30 compartida entre los grupos eTwinning: Escuela Oficial de Idiomas y Formación Profesional.  

 

Mesa redonda grupos eTwinning: Orientadores, Inspectores, Asesores e Directores - Como integrar eTwinning no Plan dixital de centro?

A nosa compañeira Victoria Penide, do Departamento de Alemán, colabora nesta mesa redonda onde se debaten as boas prácticas de diferentes centros á hora de integrar proxectos eTwinning nas súas secuenciacións de aula, en particular, desde a perspectiva de centro de integrar o traballo colaborativo nesta rede de colaboración no plan dixital de centro. Trátanse temas como a protección de datos ou a integración da diversidade na aula, entre outros. 

 

EOI en eTwinning - Lista de reproducción actualizada automáticamente

Nesta lista de reproducción que se actualiza automáticamente podedes ver os titoriais e webinars que se levan celebrados desde abril de 2020, sobre o traballo e posibilidades que temos nas EOI de colaborar en eTwinning. 

 

Tutoriais eTwinning - Configurar o teu perfil, buscar socios e crear rede de contactos

O servicio nacional de eTwinning pon a túa disposición estes videotitoriais para orientarte á hora de iniciar o teu traballo en eTwinning. Clina nas imaxes para ver o titorial. 

Proxecto eTwinning con selo de calidade - Kulturaustausch

O centro volve estar de noraboa, especialmente o Departamento de Alemán, cuxo proxecto eTwinning Kulturaustausch e a súa docente fundadora recibeu Selo de Calidade. Aquí podedes ver a información sobre o proxecto na plataforma eTwinning, e a continuación, unha pequena escolma de imaxes. Animádevos, docentes, a integrar proxectos de colaboración europea nas vosas secuenciacións de aula. 

 

 

Sesión eTwinning na EOI de Vilagarcía

Hoxe agradecemos a visita de Patricia Conde, embaixadora eTwinning en Escolas Oficiais de Idiomas, para facernos unha presentación sobre as posibilidades da rede europea de colaboración da que o noso centro forma parte, e para darnos tips e a motivación necesaria para seguir creando proxectos integrados nas nosas aulas de idiomas.

 

 

 

Distribuir contido