Taxas - Cursos monográficos
En este apartado está a información sobre as taxas para as persoas que se matriculan nos cursos monográficos na nosa escola oficial de idiomas. Lea atentamente a información sobre:
- Onde como e cando abonar as taxas.
- Fraccionamento.
- Importe da matrícula
- Bonificación e exención do pago de taxas.
- Normativa aplicable.
Se ten algunha dúbida, consúltea na secretaría da EOI antes de efectuar o pagamento. Por favor, comprobe ben os importes a ingresar antes de acudir á entidade bancaria: o centro non pode efectuar devolución inmediata das cantidades incorrectamente ingresadas. O pago da matrícula deberá realizarse nos prazos establecidos.
Onde, como e cando abonar as taxas
A Consellería de Facenda é o organismos encargado da recaudación das taxas na comunidade de Galicia. O pagamento para a formalización da matrícula realizarase mediante un dos medios seguinte:
- Modelo E: (subministrado polo centro en papel). O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL, ou
- Modelo A: Impreso autocopiativo de pago que aínda poden dispor deles oficinas bancarias autorizadas e nalgunhas secretarías de centros de estudos. O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL, ou
- Modelo AI: Impreso que se descarga da web e procederáse a facer o pago de xeito presencial como no MODELO A, ou
- Modelo 731: Cúbrense os datos do impreso na web e logo de imprimilos, o pago presencial faise como no MODELO A, ou
- Modelo 730: Pago telemático puro (cúbrense os datos por internet e faise o pago via telemática. Neste caso, unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante MODELO 730 e logo deberá presentalo na secretaría do seu respectivo centro docente.
Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Con os datos deste recibo, terán que volver a aplicación e xerar o MODELO 730 que será o que entregarán.
O servizo de pago telemático de taxas e prezos é unha aplicación web integrada na OV Tributaria” (Oficina Virtual Tributaria) que permite realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. O enderezo da web é https://ovt.atriga.gal/
O pagamento quedará xustificado mediante a presentación do impreso validado pola entidade financeira no caso dos modelos E, A, AI e 731. No caso do pagamento telemático, pola presentación do modelo 730 co código seguro de verificación (CSV) xerado pola Oficina Virtual Tributaria. Atención: se vostede fai o pago telemático e lle resulta o resgardo 739, para obter o 730 ten que volver á aplicación de matrícula e solicitar imprimir resgardo/xerar documento; ou ben, desde o seu usuario na OV Tributaria, descargar o 730.
Debe presentar o xustificante xunto co resto da documentación.
Datos para cubrir a folla de liquidación de prezos públicos (modelos E / A / AI / 731)
Consellería de: Educación e Ordenación Universitaria - Código: 07
Delegación de: Vilagarcía de Arousa - Código: 42
Servizo de: Ensino Medio - Código: 03
Taxa: denominación: Escolas oficiais de idiomas - Código: 350800
Só se poden fraccionar as contías referidas ao concepto de matriculación por idioma. Non é posible fraccionar as taxas dos cursos monográficos.
1. ALUMNADO QUE XA ESTIVO MATRICULADO NESTA OU NOUTRA EOI:
Matriculado a vez anterior nunha EOI de Galicia: deberá indicalo no momento de formalizar a matrícula. Alumnado procedente doutra comunidade autónoma: deberá aportar unha certificación académica.
As taxas dos cursos monográficos son de 1,50€ por hora. para cursos de 60 horas, o iporte do curso é de 90,00€
Matriculación curso mográfico
90,00 € (*)
Servizos xerais
13,00 €
TOTAL
103,00 €
2. ALUMNADO DE NOVO ACCESO:
Apertura de expediente
22,00 €
Matriculación curso monográfico
90,00 € (*)
Servizos xerais
13,00 €
TOTAL
125,00 €
(*) Caso de matrícula en máis dun monográfico debe multiplicar o importe do apartado "Matriculación curso monográfico" polo número de cursos monográficos en que se matricule.
Bonificación ou exención no pago das taxas:
No caso de exención ou redución nos prezos públicos, o alumnado ha de presentar a documentación acreditativa no momento de formalizar a matrícula na secretaría da EOI.
Familias numerosas. Terán unha exención do 100 % os/as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 % para os/as de categoría xeral. Esta condición acreditaraa o/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición de uso individual legalmente establecido e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.
Discapacidade. As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % están exentas do pagamento dos prezos públicos. A acreditación desta condición realizarase ao formalizar a matrícula mediante exhibición do certificado ou resolución sobre o recoñecemento do grao de discapacidade ditada polo órgano competente nesta materia e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.
Vítimas de actos terroristas. Están exentas do pagamento dos prezos públicos as vítimas de actos terroristas, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as. A acreditación desta condición deberase realizar documentalmente ao formalizar a matrícula, e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.
Violencia de xénero. Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto as alumnas que sufran violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitoras a sufran.
A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera das seguintes formas:
a) Certificación da orde de protección ou da medida preventiva, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida preventiva.
b) Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
c) Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
e) Informe do Ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
f) Calquera outro que se estableza regulamentariamente.
Funcionarios/as docentes. Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no presente decreto, agás os correspondentes á apertura de expediente e servizos xerais, e unicamente nas materias de nova matriculación.
A Lei 6/2003, do 9 de decembro, D.O.G. do 11, regula as taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. As cuantías das taxas para os estudos nas escolas oficiais de idiomas foron actualizadas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño, (DOG do 17/06/2013)