Documentación a entregar coa matrícula

LEMBRE: NON SE CONFIRMARÁ NINGUNHA MATRÍCULA COA DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA

Alumnado novo:

  • Fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.
  • Fotografía tamaño carnet (recente).

Todo o alumnado, segundo proceda:

  • Xustificante do aboamento dos prezos públicos. Consulte a información sobre taxas.
  • No caso de fraccionar o pagamento da matrícula, indicarase na aplicación os 20 díxitos da conta bancaria para a domicialiación do pagamento fraccionado, xunto co certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade desta nunha das entidades colaboradoras. No caso de que o/a alumno/a non sexa titular da conta indicada, deberá achegar xunto coa documentación da titularidade unha autorización de domiciliaciónasinada pola persoa titular da conta.
  • O alumnado que solicite adaptación por presentar discapacidade ou precise actualizar a documentación presentada con anterioridade, deberá presentar o Anexo V da resolución coa documentación correspondente.

Alumnado menor de idade:

  • O pai, a nai ou os titores legais do alumnado menor de idade deberán completar este documento e entregalo na secretaría da Escola, ou envialo ao enderezo eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal. Inclúe o protocolo para o seguimento da asistencia ás aulas dos menores a cargo.
  • Se ademais son menores de 16 anos, deberán presentar orixinal ou fotocopia compulsada da documentación que acredite a primeira lingua estranxeira cursada no réxime ordinario no presente curso escolar: Anexo IV da RESOLUCIÓN do 16 de maio do 2024.

Cando proceda:

  • Alumnado procedente doutras Escolas Oficiais de Idiomas: para proceder ao traslado de expediente, deberán presentar un certificado de estudos expedido pola EOI onde estivo matriculado por última vez.
  • Alumnado de acceso directo: copia da titulación que da acceso ao nivel.