Mesa redonda grupos eTwinning: Orientadores, Inspectores, Asesores e Directores - Como integrar eTwinning no Plan dixital de centro?
A nosa compañeira Victoria Penide, do Departamento de Alemán, colabora nesta mesa redonda onde se debaten as boas prácticas de diferentes centros á hora de integrar proxectos eTwinning nas súas secuenciacións de aula, en particular, desde a perspectiva de centro de integrar o traballo colaborativo nesta rede de colaboración no plan dixital de centro. Trátanse temas como a protección de datos ou a integración da diversidade na aula, entre outros.