Información sobre probas e a avaliación

Tipoloxía das probas, convocatorias e calendarios:

Alumnado oficial

  • Proba/avaliación de progreso: destinada ao alumnado oficial, segundo a programación didáctica de cada departamento. A información detallada relativa ao desenvolvemento desta avaliación de progreso será transmitida polo profesor@ titor@ do grupo. 
  • Convocatoria ordinaria: inclúe probas de promoción e de certificación. Celébranse, con carácter xeral, na primeira quincena de xuño. Algunhas probas poderán celébrarse con anterioridade. As datas publícanse con unha antelación mínima de unha semana.
    • Probas de promoción: para o alumnado oficial matriculado en cursos que non certifican. O calendario con todas as datas faise público ao longo da primeira quincena de maio. O detalle das convocatorias das partes orais publícase unicamente nos taboleiros da escola e/ou nas aulas virtuais.
    • Probas de certificación unificadas (B2, C1, C2): A consellería marca a data e hora de celebración das partes escritas. A escola publica o calendario con todas as datas de probas escritas e orais con unha antelación mínima de unha semana sobre o inicio das probas. O detalle das convocatorias das partes orais pode consultarse nos taboleiros da escola.
    • Probas de certificación non unificadas (A2, B1): A escola publica na web o calendario con todas as datas con unha antelación mínima de unha semana. As convocatorias co detalle das partes orais publícanse nos taboleiros da escola.
  • Convocatoria extraordinaria: para o alumnado oficial que non supere a convocatoria ordinaria. Poderán coincidir probas de distintas linguas e niveis, e celebraranse, con carácter xeral, na segunda quincena do mes de xuño. O detalle das convocatorias orais poderá consultarse nos taboleiros do centro con unha antelación mínima de tres días.
  • Probas de clasificación: para o alumnado de novo acceso ou alumnado oficial que non estivese matriculado nun idioma nos dous cursos anteriores. O calendario de probas publícase, como moi tarde, ao abrir o período de matrícula (a partir da segunda semana de xuño). Inclúe as datas das probas escritas e orais, que poden celebrarse no mesmo ou en distinto día, dependendo do idioma.

Alumnado libre

  • Convocatoria certificación alumnado libre: Probas de certificación unificada en convocatoria única. A consellería marca a data e hora de celebración das partes escritas dos niveis de B2 e C1. A escola publica o calendario con todas as datas de probas escritas e orais con unha antelación mínima de unha semana sobre o inicio das probas. O detalle das convocatorias das partes orais pode consultarse na web e nos taboleiros da escola.

Información sobre a avaliación:

Desenvolvemento das probas:

Antes da proba

  • Comprobe a data e hora de celebración das probas. Non se facilita información por teléfono sobre convocatorias, datas ou horas.
  • Se por motivos xustificados non pode acudir a algunha das probas para as que está convocada/o, solicite un cambio utilizando o formulario para tal fin, que atopara no seu espazo de CentrosNet. Lea atentamente as instruccións publicadas no protocolo de solicitude de cambio nas probas. Teña en conta que: as datas das probas escritas de certificación unificadas non se poden cambiar. Non se valorará ningunha solicitude que non teña xustificación documental, que deberá aportar o mesmo día da proba. Se non se entrega a xustificación documental no poderá realizar o exame ou non será avaliada a proba. 
  • Se non atopa o seu nome na convocatoria das probas orais, contacte co centro no correo electrónico eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal coa maior antelación posible.

Durante a proba

  • Teña consigo un documento de identificación con foto (DNI, NIE, pasaporte).
  • Teña consigo un bolígrafo ou pluma azul ou negro. As probas escritas a lapis non se corrixen.
  • Chegada a hora da proba, diríxase á aula indicada. Unha vez pechadas as portas das aulas e iniciada a proba de cada destreza, NON SE PERMITE o acceso á aula de ningunha persoa candidata.
  • Para as probas orais agarde na aula ou espazo indicado na convocatoria. Non agarde nos corredores.

Despois da proba

  • As cualificacións publicaranse en Centrosnet.
  • A data de revisión comunícase durante a proba e poderá comprobala tamén no correspondente calendario de publicacións e revisións.
  • O prazo para presentar reclamacións ás cualificacións abrangue os tres días hábiles seguintes á publicación das mesmas. Deben presentarse no rexistro da secretaría do centro. Consulte o horario da secretaría do centro.

Reclamacións ás cualificacións:

  • Caso de desacordo coa cualificación da proba, como se indica no parágrafo anterior, pode presentar unha reclamación no prazo de tres días hábilies logo de publicada.
  • Descargue o impreso para presentar unha reclamación ás cualificacións na seguindo esta ligazón (http://www.edu.xunta.gal/centros/eoivilagarcia/?q=node/421).
  • A normativa aplicable, incluíndo procedementos e prazos está detallada no dorso do modelo.