Información sobre homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros

A validación e homologación de titulacións corresponde, con carácter xeral, ao ministerio con competencias en materia de educación.

Visite a web do Ministerio de Educación y Formación Profesional: Homologación y convalidación de títulos y estudios extranjeros no universitarios

LEXISLACIÓN AUTONÓMICA

  • Orde do 9 de xullo de 2018, reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
  • Decreto 204/2008, do 28 de agosto, sobre asunción da ampliación de funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1319/2008, do 24 de xullo, en materia de educación: homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros en ensinanzas non universitarias, e sobre a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

LEXISLACIÓN ESTATAL

  • Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria.
  • Orde do 14 de marzo de 1988, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria.
  • Orde do 30 de abril de 1996, pola que se adecúan á nova ordenación educativa determinados criterios en materia de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de niveis non universitarios e se fixa o réxime de equivalencias cos correspondentes españois.
  • Orde do 20 de marzo de 2001, pola que se regula o réxime de equivalencias dos estudos básicos e medios cursados nos países signatarios do Convenio “Andrés Bello” cos correspondentes españois de eensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
  • Resolución do 23 de marzo do 2018, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as instrucións para o cálculo da cualificación final que debe figurar nas credenciais de validación por 1º de bacharelato e de homologación de títulos estranxeiros ao título de graduado en educación secundaria obrigatoria e ao de bacharelato español.
  • Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.
  • Real decreto 1319/2008, do 24 de xullo, sobre ampliación de funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia por Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de >educación: homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros en ensinanzas non universitarias.