CentrosNet - Acceso e utilidade
Por seguridade, non facilitamos datos de acceso por teléfono ou correo electrónico. Caso de ter dificultades para acceder, pase pola secretaría en horario de atención ao público.
Para acceder, clique na icona de CentrosNet (arriba á esquerda nesta páxina) ou empregue este enlace.
Para identificarse:
- Nome de usuario: é o seu número de expediente (comeza por 05/... e figura no seu carné de estudante). Tamén pode empregar a súa data de nacemento en formato DD/MM/AAAA
- Contrasinal: é o número do seu DNI sen a letra. Se ten N.I.E. primeira letra e números (sen a letra final).
- Contrasinal persoal: creado polo usuario a primeira vez que accede. Consulte nesta ligazón como crear o seu Contrasinal seguro.
Utilidades:
- Matricularte para continuar cos teus estudos: durante o prazo de matrícula correspondente.
- Solicitar un cambio de grupo: no prazo habilitado a inicio de curso. Máis información nesta ligazón.
- Consultar as cualificacións: no cartafol "Historial" (parte superior esquerda da pantalla) seleccione a pestana "Destrezas EOI".
- Obter unha papeleta: clique na icona situada á dereita das cualificacións.
- Actualizar os seus datos: teléfono, enderezo e correo electrónico.