Formalizar matrícula libre. Curso 2023 - 2024
Pendente de actualizar para o curso 2024-2025
CANDO E COMO:
PROCEDEMENTO: IMPORTANTE PARA TODOS OS IDIOMAS E NIVEIS
- Inscrición:
- Na aplicación do 2 ao 20 de outubro ás 12:00h (do mediodía).
- A adxudicación de prazas: Para o B2 e C1 de galego e inglés poderá consultarse o 24 de outubro.
- Matrícula:
- Para o B2 e C1 de galego e inglés: Se a praza adxudicada lle interesa, debe realizar o pagamento e subir a documentación a través da aplicación do 24 ao 31 de outubro ás 12.00.
- Para o resto de niveis e idiomas: Matricúlese, realize o pagamento e suba a documentación xa cando entre na aplicación do 2 ou 20 de outubro, sen esperar a ningunha adxudicación.
A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice a través da aplicación web e suba/presente toda a documentación requerida no prazo establecido.
A matrícula realizase en liña no seguinte enderezo https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
DOCUMENTACIÓN:
1. Para todo o alumnado:
- Impreso de matrícula xerado pola aplicación informática, onde se indique(n) o(s) idioma(s), o nivel ou niveis no(s) que se matricula.
- Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño de 2013 (DOG do 17). Os/As interesados/as poden recoller a folla de liquidación de taxas na conserxería do centro.
- Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, no caso de persoas estranxeiras.
2 Cando proceda:
- No caso do alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2024: certificado expedido polo centro onde estea matriculado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, consonte o seguinte modelo.
- No caso de alumnado con diversidade funcional deberase presentar este formulario da Orde de avaliación do 8 de setembro de 2008 e achegar a documentación acreditativa.
- Orixinal e copia do Título de Familia Numerosa (cando sexa necesario).
- Certificado de funcionario/a adscrito a un dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación expedido pola Xefatura Territorial da que dependan. (Non é válido un certificado expedido polo centro onde traballa).
- No caso de vítimas de actos terroristas, cónxuxes ou fillos/as: xustificación documental da súa condición.