Trámites e formularios frecuentes
Modelos de documentos máis frecuentes:
- Instancia xeral. Fáganos chegar as súas queixas, peticións e suxestións. Pode empregar este modelo para exercer o dereito de desistencia (14 días dende a matrícula ou o inicio das aulas).
- Solicitude de renuncia á matrícula oficial. Prazo ata o 30 de abril. Debe entregarse no rexistro do centro ou enviar por correo certificado.
- Solicitude de devolución de prezos públicos. Se ingresou cantidades indebidas ou obtivo beca despois de facer o pagamento das taxas, pode solicitar a devolución das cantidades ingresadas indebidamente. Tamén debe empregar este modelo en caso de desistencia (14 días dende a matrícula). Xunto coa solicitude, no momento de entregar a documentación, presente os documentos orixinais e faremos as compulsas das copias na secretaría.
- Modelo reclamación de cualificacións. En caso de desacordo coa cualificación da proba de promoción ou certificación, pode presentar unha reclamación dentro dos dous días seguintes á data de publicación da mesma. Presente un modelo por cada unha das destrezas coas que esté en desacordo. O motivo da reclamación debe axustarse ao dispoto no normativa vixente. Consulte a información completa no dorso do modelo de documento.
- Solicitude de expedición de títulos e certificados (certificados B2, C1, e C2 das ensinanzas LOE-LOMCE. Títulos de plans de estudos anteriores).