Matrícula alumnado oficial curso 2024-2025
Este apartado recolle a información para o alumnado que se matricula para asistir ás clases durante o curso académico (de setembro a xuño). Se desexa matricularse soamente para as probas de certificación, debe consultar o apartado de matrícula libre.
Por favor, lea atentamente a información e consulte as súas dúbidas na conserxería ou a secretaría do centro.
- Para continuar estudos, siga as instrucións para o alumnado que continúa estudos.
- Para iniciar ou retomar estudos, siga as instrucións do apartado preinscrición.
- Para matricularse na modalide de inglés a distancia That's English!, vexa esta información.
- Para os cursos monográficos de destrezas, vexa esta información.
- Para ampliar información sobre os tipos de cursos, vexa esta información.
- Todos os prazos de matrícula dun vistazo.
- Quen pode matricularse nunha escola oficial de idiomas: alumnado novo.
- Consulte nesta ligazón a oferta educativa para o curso 2024-2025.
Teña en conta que:
- En período de matrícula, as liñas telefónicas poden estar colapsadas en momentos puntuais.
- Aconsellamos ler toda a información e consultar no centro as situacións individuais.
- Debido ao volume de consultas formuladas por correo electrónico, non é posible reponder a todas as consultas inmediatamente.
- Debe presentar toda a documentación para que a matrícula sea efectiva. Non se validarán matrículas con documentación sen completar.