Servizo de empréstito da Biblioteca
Uso do servizo de empréstito
Consulta o apartado da web "Horario curso actual" na sección da Biblioteca, para coñecer a data de inicio de empréstito e de fin durante o curso vixente para saber cando funciona o servizo de empréstito de libros da Biblioteca da EOI.
Lembra que para poderes utilizalo precisas ter unha credencial (PEJ002-XXX) e idealmente un cartón de estudante. Se aínda non o tes, e estiveches matriculado/a no noso centro a partir do curso 2020, pásate pola mesa de empréstito da Biblioteca e recolle o teu carné do feixe ordeado alfabéticamente por apelido. Se non o atopas, e queres facer uso da Biblioteca, por favor, manda unha mensaxe a eoi.vilagarcia.biblioteca@edu.xunta.gal cos teus datos (nome, DNI e teléfono de contacto) para que poidamos tramitar a solicitude.
Unha vez teñas a solicitude, poderás realizar empréstitos no horario de gardas da Biblioteca, sendo necesario rexistrar sempre o teu préstamo. Poderás levar un máximo de 3 items, por un tempo máximo de 15, podendo renovalos se é preciso.
IMPORTANTE: Debido a un problema no programa de xestión da biblioteca, tod@s @s leitores/as anteriores ao curso 2015-2016 cuxo número de leitor/a sexa posterior ao 831, perderán o número que tiñan e recibirán un novo.
Normativa de uso da Biblioteca
A nosa normativa de organización e funcionamento, no seu CAPITULO VI. XESTIÓN DOS ESPAZOS E RECURSOS.Biblioteca, recolle as normas sobre os prazos de empréstito e tamén as normas relativas a atrasos.
Devolución de libros
Podes devolver os teus empréstitos da Biblioteca da EOI en calquera momento e de maneira fácil. Só tes que utilizar a caixa de devolucións habilitada na biblioteca, ao lado da mesa do profesor de garda, para ese fin. Desta maneira, se tiveres algún problema para chegar dentro do horario de atendimento, poderás devolver os libros, cds ou dvds da biblioteca sen axuda. Só tes que introducilos na caixa de devolucións con coidado e coa lombada do libro en primeiro lugar.