Certificacións académicas, diplomas e títulos
Os "certificados de nivel", en formato de título ou diploma, pódense obter unha vez o alumnado teña superado o nivel correspondente. Son de dous tipos.
A. Diplomas dos niveis A1, A2, B1 (plan 2016), Intermedio-B1 e C1 (plan 2007) e Ciclo Elemental (plan 1988)
De acordo co artigo 11.9 do Decreto 81/2018 do 19 de xullo, co artigo 16 da Orde do 8 de setembro de 2008, e co artigo 11 do Real Decreto 967/1988 do 2 de setembro, respectivamente, é a EOI quen debe expedir os certificados destes estudos.
B. Titulos dos niveis B2, C1 e C2 (plan 2016), Avanzado-B2 (plan 2007), e Ciclo Superior (plan 1988)
De acordo coas mesmas normas será a Xunta de Galicia, previa solicitude na secretaría do centro onde se cursaron e o pagamento da taxa correspondente, a que expida os certificados de nivel dos seguintes estudos: Intermedio-B2, Avanzado-C1 e Avanzado-C2 [plan 2017]; Nivel Avanzado (B2) [plan 2006]; Ciclo Superior [plan 1988].
Para solicitar este título deberá pasar pola secretaría do centro e:
1. cubrir o formulario de solicitude (debe cubrirse un formulario por idioma e nivel)
2. pagar a taxa correspondente mediante o impreso de liquidación AI (25,91 €; familia numerosa xeral: 12,97 €; familia numerosa especial: 0 €)
O impreso de autoliquidación pódese xerar na seguinte ligazón: Oficina Virtual Tributaria da ATRIGA (en Cidadáns>Pago de taxas e prezos>Iniciar taxa>Descargar modelo)
3. achegar o formulario cuberto, o xustificante de pagamento e unha copia actualizada do DNI.
Estes títulos tardan 2-3 anos en expedirse. A escola informará aos solicitantes cando estean dispoñibles para recoller. Recorde que, na maioría dos casos, pode acreditar o seu nivel presentando unha certificación académica de expediente.