Cambios de grupo - Prazo de solicitudes 2024-2025
Quen e como:
- As persoas matriculadas telematicamente que estén interesadas en solicitar o cambio de grupo poderán facelo dende o seu perfil de CentrosNet (como rexistrarse e acceder á aplicación)
- Cada persoa poderá formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que esté matrícula.
- Só se pode pedir cambio de hora/grupo. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.
Cando se pode solicitar:
- Datas: Pendente de actualizar para o curso 2024-2025
- Posteriormente, durante o curso, pode formular unha solicitude de cambio na secretaría.
Resolución das solicitudes:
- As solicitudes telemáticas son xestionadas inmediatamente, por orde de petición, na medida que existen vacantes no grupo ao que se desexa acceder.
- Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.
- De non haber vacante no momento da solicitude, esta queda en espera por orde de petición. Se xurde unha vacante máis adiante, dentro do mesmo período, concederase o cambio.
- As solicitudes á xefatura de estudos, atenderase cada caso individualmente en función da dispoñibilidade de prazas.
Entrada en vigor do cambio:
- O cambio telemático é efectivo ao recibir a mensaxe de confirmación. Pode asistir ás aulas do novo grupo na seguinte sesión á recepción da confirmación.
- Para cambios solicitados á xefatura de estudos, debe recibir unha comunicación de aceptación do cambio.