A primavera a foto altera
Durante semanas os/as participantes deste concurso fotográfico alterástesnos gratamente coas vosas imaxes primaverais. Aquí podedes ver en conxunto todas as 13 fotos presentadas por alumnado do curso 2023/24. O luns 6 de maio publicaremos os gañadores desta actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Para ler os textos en galego que acompañan a cada unha das imaxes premer en Ler máis aquí debaixo:
1.Os días alónganse
2.Namorar eu namoreina
con áer da primaveira,
meu amigo.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Cantiga nova que se chama Riveira
3.Meu meniño, cando chegues,
que o arco da vella estenda o seu grande abrazo de cores
e te anuncie.
XULIO L. VALCÁRCEL
O sol entre os dedos
4.A miña terra é doce coma o mel,
abondosos e gasalleiros os seus froitos.
Na primavera agroman os touzales e o cuco canta.
Xermola a natureza...
CELSO EMILIO FERREIRO
Viaxe ao país dos ananos
5.O teito é de pedra.
De pedra son os muros
e as tebras.
De pedra o chan
e as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fiestras,
as olladas,
son de pedra.
CELSO EMILIO FERREIRO
Longa noite de pedra
6. "Amor apresurado"
Miráchesme, miréiche, nos miramos;
Sorríchesme, sorrinme, os dous sorrimos;
N'os nosos ollos nosa imaxen vimos:
Ti n'os meus, eu n'os teus nos retratamos,
Desde entonces d'amor nos abrasamos;
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
E anque a paraxes diferentes imos,
Decote n'o camiño tropezamos.
Xa que d'o corazón libres dispomos,
Ós páxaros d'os bosques imitemos,
Que os niños fan entre ramaxe e gomos;
Nosa doce ventura apresuremos,
Que a vida é curta e responsables somos
D'o tempo tan precioso que perdemos.
(25 de febreiro de 1869). Autor: Francisco Añón Paz (Outes 1812 - Madrid 1878).
7. Cabaliño do demo
8. Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso,
de min murmuran e exclaman:
-Aí vai a tola soñando
coa eterna primavera da vida e dos campos
(...)
Rosalía de Castro
9. Mais se as ondas en si mesmas son verdade as palabras tamén se son poemas
Luisa Villalta
10. E ficaremos sós
mar e silencio
Luisa Villalta
11. Hai flores distintas
dentro do xardín,
teñen vivas cores
mirando cara a min.
Son azuis e brancas,
encarnadas e rosas
laranxas e amarelas,
todas moi fermosas.
Vexo unha papoula
tulipáns e alelís
moitas margaridas
xuntas no xardín.
(...)
María Canosa. Vagalume de versos
12. Mamá plantou flores en testos
xa non medraron nas brañas
limparon o camiño
onde esconderse?
"O Xiro", de Noelia Gómez.
13. Plantar unha árbore
escribir un libro
ter un fillo
esqueceron liberarse
"O Xiro" de Noelia Gómez.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
primavera fotos 1.JPG | 36.87 KB |
primavera fotos 2.JPG | 39.49 KB |