Matrícula aberta: Curso de Competencia Xeral Nivel B2 para o público en xeral - Inglés - 60h

Por mor do limitado número de participantes inscritos para realizar o CALC B2 de Inglés, o CFR de Pontevedra ten que proceder a cancelarnos esa formación.

Por iso, desde o centro decidimos ofrecer un Curso de Competencia Xeral Nivel B2 para o público en xeral - Inglés 60 horas

Horario: Luns e xoves de 17.30h a 19.30h

Data de comezo: Luns 5 de febreiro

Para matricularse, as persoas candidatas deben acreditar ter superado o nivel de certificación inmediatamente anterior ou acreditar acceso directo. Ver titulacións.

O prazo de matrícula ábrese agora pola tarde e vai até o luns 5 de febreiro. O alumnado debe estar inscrito antes de asistir a clase por primeira vez.

A matrícula tramítase na secretaría do centro, onde se poden recoller os impresos a partir desta tarde, luns 29 de xaneiro.