Taxas - Matrícula oficial

En este apartado está a información sobre as taxas para as persoas que se matriculan nunha escola oficial de idiomas. Lea atentamente a información sobre:

Se ten algunha dúbida, consúltea na secretaría da EOI antes de efectuar o pagamento. Por favor, comprobe ben os importes a ingresar antes de acudir á entidade bancaria: o centro non pode efectuar devolución inmediata das cantidades incorrectamente ingresadas. O pago da matrícula deberá realizarse nos prazos establecidos.

 

Onde, como e cando abonar as taxas

A Consellería de Facenda é o organismos encargado da recaudación das taxas na comunidade de Galicia. O pagamento para a formalización da matrícula realizarase mediante un dos medios seguinte:

  • Modelo E: (subministrado polo centro en papel). O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL, ou
  • Modelo A: Impreso autocopiativo de pago que aínda poden dispor deles oficinas bancarias autorizadas e nalgunhas secretarías de centros de estudos. O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL, ou
  • Modelo AI: Impreso que se descarga da web e procederáse a facer o pago de xeito presencial como no MODELO A, ou
  • Modelo 731: Cúbrense os datos do impreso na web e logo de imprimilos, o pago presencial faise como no MODELO A, ou
  • Modelo 730: Pago telemático puro (cúbrense os datos por internet e faise o pago via telemática. Neste caso, unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante MODELO 730 e logo deberá presentalo na secretaría do seu respectivo centro docente.

Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Con os datos deste recibo, terán que volver a aplicación e xerar o MODELO 730 que será o que entregarán.

O servizo de pago telemático de taxas e prezos é unha aplicación web integrada na OV Tributaria” (Oficina Virtual Tributaria) que permite realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. O enderezo da web é https://ovt.atriga.gal/

O pagamento quedará xustificado mediante a presentación do impreso validado pola entidade financeira no caso dos modelos E, A, AI e 731. No caso do pagamento telemático, pola presentación do modelo 730 co código seguro de verificación (CSV) xerado pola Oficina Virtual Tributaria. Atención: se vostede fai o pago telemático e lle resulta o resgardo 739, para obter o 730 ten que volver á aplicación de matrícula e solicitar imprimir resgardo/xerar documento; ou ben, desde o seu usuario na OV Tributaria, descargar o 730. 

Debe  presentar o xustificante xunto co resto da documentación.

Datos para cubrir a folla de liquidación de prezos públicos (modelos E / A / AI / 731)

Consellería de: Educación e Ordenación Universitaria - Código: 07
Delegación de: Vilagarcía de Arousa - Código: 42
Servizo de: Ensino Medio - Código: 03
Taxa: denominación: Escolas oficiais de idiomas - Código: 350800

Fraccionamento da taxa:

Segundo o Decreto 89/2013 do 13 de xuño, (DOG 114 do 17 de xuño), artigo 4º, o alumnado pode fraccionar o pago en dous prazos: 50% no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. 

Só se poden fraccionar as contías referidas ao concepto de matriculación por idioma. Esta modalidade indicarase no impreso de taxas.

O importe do primeiro prazo debe abonarse mediante algún dos métodos descritos no apartado anterior, presentar o xustificante do mesmo e xuntar a seguinte documentación orixinal:

  • O documento para o pago do 2º prazo, cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación, cuberto e asinado pola persoa titular da conta.
  • Un certificado da titularidade da conta bancaria, onde conste o IBAN.

O feito de non asistir ás aulas ou presentar renuncia á matrícula non é motivo para non abonar o pago aprazado.

A falta de pagamento do segundo prazo producirá a anulación da matrícula e suporá a perda da cantidade correspondente ao primeiro prazo, perdendo asemade o dereito á avaliación. A consellería competente en educación non permite a matricula no curso seguinte en caso de impago.

Importe da matrícula:

1. ALUMNADO QUE XA ESTIVO MATRICULADO NESTA OU NOUTRA EOI:

Matriculado a vez anterior nunha EOI de Galicia: deberá indicalo no momento de formalizar a matrícula.

O alumnado procedente doutra comunidade autónoma non ten que pagar apertura de expediente, pero deberá aportar unha certificación académica da escola de procedencia.

Matriculación por idioma

92,00 € (*)

Servizos xerais

13,00 €

TOTAL

105,00 €

 

2. ALUMNADO DE NOVO ACCESO:

Apertura de expediente

22,00 €

Matriculación por idioma

92,00 € (*)

Servizos xerais

13,00 €

TOTAL

127,00 €

(*) Caso de matrícula en máis dun idioma debe multiplicar o importe do apartado "Matriculación por idioma" polo número de idiomas en que se matricule.

 

Bonificación ou exención no pago das taxas:

No caso de exención ou redución nos prezos públicos, o alumnado ha de presentar a documentación acreditativa no momento de formalizar a matrícula na secretaría da EOI.

1. Bolsas. Quedará exento do pagamento de prezos públicos o alumnado que reciba bolsas ou axudas ao estudo con cargo a fondos públicos. Esta circunstancia deberá acreditarse coa correspondente documentación xustificativa de ter solicitado a axuda ou bolsa. Unha vez resolta a convocatoria de bolsas, o alumnado que resultara beneficiario deberá presentar a súa credencial de bolseiro na secretaría do centro onde se atope matriculado, e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente. En caso de non resultar beneficiario, o alumnado deberá aboar os prezos correspondentes á matrícula, á apertura de expedientes, se for o caso, e aos servizos xerais, xunto cos xuros de demora correspondentes, que efectuará nun único pagamento, no prazo dun mes desde a publicación ou notificación da resolución pola que se concedan e/ou denegan as bolsas. No caso de non efectuar o pagamento procederase á anulación da matrícula en todas as materias, e para todos os efectos.

2. Matrículas de honra. Naqueles estudos en que estea prevista a posibilidade de obter como cualificación «matrícula de honra», o alumnado que obteña esta cualificación nunha ou máis disciplinas terá dereito á matrícula gratuíta no mesmo número de materias do curso seguinte, sempre que sexan de nova matriculación e das mesmas ensinanzas e plan de estudos. O centro conservará unha copia compulsada da documentación acreditativa da matrícula de honra no expediente.

Naqueles estudos en que as materias se rexan por créditos académicos, o alumnado que obteña como cualificación «matrícula de honra», nunha ou máis materias, terá dereito, nas mesmas condicións que as sinaladas no parágrafo anterior, a unha bonificación na matrícula do curso seguinte equivalente ao importe da matrícula na/s materia/s en que obtiveron a cualificación de «matrícula de honra».

Nas ensinanzas artísticas superiores, o alumnado con matrícula de honra global en 2º de bacharelato, con premio extraordinario no bacharelato ou no ciclo superior de formación profesional, ou con premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza, terá dereito, no primeiro curso e por unha soa vez, á exención total do pagamento dos prezos públicos por matrícula.

3. Familias numerosas. Terán unha exención do 100 % os/as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 % para os/as de categoría xeral. Esta condición acreditaraa o/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición de uso individual legalmente establecido e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.

4. Discapacidade. As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % están exentas do pagamento dos prezos públicos. A acreditación desta condición realizarase ao formalizar a matrícula mediante exhibición do certificado ou resolución sobre o recoñecemento do grao de discapacidade ditada polo órgano competente nesta materia e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.

5. Vítimas de actos terroristas. Están exentas do pagamento dos prezos públicos as vítimas de actos terroristas, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as. A acreditación desta condición deberase realizar documentalmente ao formalizar a matrícula, e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.

6. Violencia de xénero. Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto as alumnas que sufran violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitoras a sufran.

A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Certificación da orde de protección ou da medida preventiva, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida preventiva.

b) Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

c) Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

e) Informe do Ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

f) Calquera outro que se estableza regulamentariamente.

7. Funcionarios/as docentes. Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no presente decreto, agás os correspondentes á apertura de expediente e servizos xerais, e unicamente nas materias de nova matriculación.

Normativa aplicable:

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, D.O.G. do 11, regula as taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. As cuantías das taxas para os estudos nas escolas oficiais de idiomas foron actualizadas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño, (DOG do 17/06/2013)