Información xeral
World Book Day
ADIVIÑA QUEN VEN CEAR Anímaste a participar na actividade do departamento de inglés para o Día do Libro? Estamos a preparar unha cea imaxinaria con 5 protagonistas de libros escritos en inglés. Cada día desta semana do lado das escaleiras da escola haberá unha mesa con pistas sobre os/as nosos/as convidados/as. Bota unha ollada! Sabes en quen estamos a pensar? Cubre unha invitación, métea na urna e poderás gañar unha copia destes coñecidos libros. |
Mellorando espazos co Plambe
Xusto hoxe a nova sala da Escola, o Obradoiro da Biblioteca, transformouse neste colorido e ameno espazo de colaboración. Sabedes onde está? Buscádeo ao final do corredor sur! O Obradoiro da Biblioteca é a sala que, alén das restricións pola situación sociosanitaria que imperan neste momento, servirá para ter un espazo aberto ao alumnado, e á comunidade educativa en xeral, de cara á interacción e á colaboración. Nos vindeiros días veredes que a colocación das mesas tal e como aparece na foto de presentación mudará para adecuarse ao protocolo covid do centro. Seguimos coa mellora dos espazos! E para ver que outras novidades nos depara a mellora da biblioteca, animámosvos a ler o noso Plambe (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 'Linguas nas Ondas' |
Día do Libro en Radio Maré - 23 de abril
Contamos coa túa participación!!
As entrevistas terán lugar ao final da semana da conmemoración, dúas serán en diferido (Xose Luis Mosquera Camba e Xesús Fraga) e unha en streaming (Lola Rontano). Esa mesma semana farémosvos chegar a ligazón para participardes na emisión en vivo como entrevistadorxs que sodes! Para participar nos programas gravados pica nas ligazóns!
Frases seleccionadas da actividade 'Frases pola igualdade' 8M
Presentámosvos as frases seleccionadas con motivo da actividade conmemorativa do 8M.
Serán serigrafiadas nas camisetas premio da I Andaina 'Sendas cara a igualdade'
Concurso creativo sobre Dante Alighieri
Il 2021 è l'anno del settecentenario della morte di Dante Alighieri, avvenuta a Ravenna, suo luogo d’esilio, nella notte tra il 13 e il 14 settembre del 1321. In tutta Italia, ci sarà un fittissimo calendario di eventi, mostre e spettacoli per ricordarlo.Anche noi daremo il nostro contributo con un corcorso creativo. Potete partecipare inviando: una foto, poster, video, canzone, poesia,….. dedicato al Sommo Poeta. 1º premio: il più votato- 75€ 2º premio: il secondo più votato- 50€ Leggere le istruzioni per partecipare: qui (lede as bases para máis información) Partecipate!!! |
Radio Maré - A radio da biblioteca xa ten nome
A radio da biblioteca xa ten nome! Radio Maré Escoitade o audio para ver a descrición e concepción do nome, enmarcado no noso proxecto Plambe 'Linguas nas Ondas' e na idea de teren unha radio nas ondas. Mil grazas a todas e todos os que participastes coas vosas achegas a esta radio do centro. Pouco a pouco seguimos creando escola! |
A EOI de Vilagarcía obtén o selo de centro eTwinning
Estamos de noraboa! A EOI de Vilagarcía acaba de recibir o selo de centro eTwinning. Aquí podedes consultar a listaxe de centros recoñecidos nesta edición 2021-2022. Agardamos que este recoñecemento anime á nosa comunidade docente a seguir innovando nas aulas. Como sabedes, eTwinning é unha rede de centros escolares de Europa, e ofrece ós equipos educativos a posibilidade de comunicarse, cooperar, desenvolver proxectos e traballar de maneira colaborativa, á vez que fomenta o sentirse parte da comunidade europea. eTwinning é un proxecto cofinanciado por Erasmus+, o programa europeo para a educación, formación, xuventude e deporte. Podedes ver no apartado de Internacionalización da nosa web o que o noso centro leva feito con eTwinning nos pasados cursos. Hoxe damos un pasiño máis. Seguimos avanzando cara a internacionalización da nosa Escola. Grazas a tódalas persoas que o fan posible.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- seguinte ›
- última »