Información xeral
Reading challenge
Are you up for a challenge? Dende o departamento de inglés propoñémosvos un reto: o noso READING CHALLENGE. Terás que ler 5 libros do teu nivel que cumpran as indicacións do reto en 5 meses, escribir 4 críticas (reviews) e poderás gañar un dos 3 regalos que sorteamos! Inscríbete seguindo o QR, onde atoparás toda a información. SORTE!
Día Europeo das Linguas - 26 de setembro
Nesta semana na que se celebra o Día Europeo das Linguas, no noso mural xa empezan a aparecer os consellos que os nosos estudantes lle darían a quen está estudando unha nova lingua.
Curso en aberto para alumnado As TIC da EOI_VGA
No inicio de curso, queremos axudarte coas ferramentas dixitais que poderás necesitar durante os teus estudos na EOI Vilagarcía.
Na web, na sección Alumnado, poderás acceder aos titoriais do curso aberto de Moodle:
As TIC da EOI_VGA para alumnado.
Campaña de matriculación - Trae un amigo...e matricúlate!
Do 16 ao 20 de setembro, se estades matriculados na EOI de Vilagarcía, podedes traer un/unha amigo/a, familiar, coñecido/a a unha aula, e animar a que se matricule.
O profesorado daravos un papeliño, para que no anverso escribades os vosos nomes.
Este papeliño cos nomes meterédelo na urna que haberá diante da secretaría do centro, de maneira que poidades entrar no sorteo de 1 dos 10 agasallos dobres da Escola.
O día 23 extraeranse 10 papeles ao chou e, trala comprobación de que ambas persoas están efectivamente matriculadas no centro, daráselles a cada unha delas un agasallo nas primeiras aulas do curso.
Portas Abertas 2024-2025
Na EOI o mércores 11 e xoves 12, de 18.30 a 20.00, e o venres 13, de 11.30 a 13.00. Haberá diferentes postos de linguas onde o profesorado de cada lingua estará dispoñible para dar información sobre o idioma de interese, así como facer pequenas actividades de toma de contacto coas linguas alemá, francesa, galega, inglesa, italiana e portuguesa, tales como unha sesión gastronómica de crepes franceses, unha cata de té inglés con pastas ou unha sesión de intercambio a cargo de antigo alumnado en portugués, entre outras actividades.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »