Información xeral

Preinscrición curso 2023-2024

Clica na imaxe para ver máis

Tes toda a información sobre o proceso de preinscrición no apartado Matrícula - Preinscrición

A EOI de Vilagarcía gaña o XVII Premio para a Igualdade de Xénero

O noso centro foi recoñecido na décimo sétima edición do PREMIO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO: BÓAS PRÁCTICAS NA EDUCACIÓN, convocado pola Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía. 

Agradecemos moito á Área que habilitase unha categoría especial para os centros de ciclos formativos, ensinanzas de réxime especial e obradoiros de emprego, que contamos cunhas características diferenciadas aos centros de infantil, primaria ou secundaria e bacharelato. 

O premio otorgouse polo proxecto “Ondas de Igualdade. Radioteatro nas Aulas”, promovido polas docentes do departamento de Lingua Galega e dirixido ao alumnado do CELGA IV de xeito particular, e ao resto do centro de maneira xeral. Como se pode ver na web do Concello, o proxecto tiña como obxectivo, entre outros, promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero na sociedade actual, a identificación e a análise de prácticas en positivo coas que combater eses estereotipos e prexuízos, e a promoción de accións dirixidas a mudalos. A través de diversas dinámicas da aula, levouse a cabo unha primeira labor de observación da realidade e de reflexión, que materializaron nun franelograma onde o alumnado clasificou condutas, clichés e comportamentos sociais machistas. Estas reflexións servíronlle para, posteriormente elaborar textos narrativos e guións radiofónicos que gravarán e publicarán na radio da escola. 

O fanelograma poderá consultarse no hall da EOI até que remate o curso e o diploma no marco instalarase na entrada, xunto cos outros recoñecementos dos últimos anos.  

Nestas ligazóns se poden consultar as diferentes notas de prensa.

El Concello premia al colegio de A Lomba y a la Escola de Idiomas por sus iniciativas por la igualdad- Diario de Arousa

Premios para resaltar las buenas prácticas en materia de igualdad (lavozdegalicia.es)

La Escuela Oficial de Idiomas y el CEIP A Lomba hacen virtud de la defensa de la igualdad - Faro de Vigo

 

A equipa Café de Pota visita a Radio Galega

A equipa Café de Pota visitou a Radio Galega despois de gañar o concurso de Radio na Biblio con este episodio de Exóticas sobre Xela Arias.

Tendes o programa de radio detallando a visita aquí https://go.ivoox.com/rf/107581896 e as fotos no Genialy.

Volven as Lecturas Viaxeiras - edición de verán

Volve unha nova edición das...

 Lecturas Viaxeiras.

Antes dos períodos non lectivos máis longos: Semana Santa, verán... na mesa central da Biblioteca hai unhas bolsiñas por linguas e niveis para que fagades o empréstito e levedes convosco nas vosas vacacións. A dinámica é ben sinxela. Pasade pola sala de lectura da Biblioteca, e levade un libro compañeiro de viaxe!

 Nesta edición, lembrade que o último día para poder facer o empréstito é o 26 de maio, xa que logo a Biblioteca permanecerá aberta únicamente como consulta en sala.

Bulide e non vos quededes sen as vosas lecturas!

Distribuir contido