Actividades

27 de Xaneiro. Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

Visita a nosa exposición no hall na Escola con fotografías orixinais do campo de concentración Natzweiler-Stuthof e fotografías de arquivo.

Pasa pola biblioteca e leva algunha recomendación lectora ou DVD relacionado con esta temática.

 

4º Certame Radiofónico "Mulleres na Sombra"

O IES de San Clemente de Santiago convoca o seguinte Certame Radiofónico en colaboración coa nosa Escola.

Escolle unha científica, actriz, escritora, etc. pouco coñecida e grava un audio (preferentemente con voz feminina) falando dela e a súa importancia. Esta gravación publicarase na canle "Exóticas" de Radio Maré e participarás no certame con varios premios.

Prazo de entrega: ata o 15 de abril de 2024 ás 23:59h.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Consulta as bases no seguinte enlace: https://www.iessanclemente.net/2024/01/09/4o-certame-radiofonico-mulleres-na-sombra/

Radio Maré. Inglés C1.1

You can listen to the program at the following link:

https://go.ivoox.com/rf/122068514

A equipa Café de Pota visita a Radio Galega

A equipa Café de Pota visitou a Radio Galega despois de gañar o concurso de Radio na Biblio con este episodio de Exóticas sobre Xela Arias.

Tendes o programa de radio detallando a visita aquí https://go.ivoox.com/rf/107581896 e as fotos no Genialy.

Distribuir contido