eTwinning

A EOI de Vilagarcía obtén o selo de centro eTwinning

Estamos de noraboa!

A EOI de Vilagarcía acaba de recibir o selo de centro eTwinning.

Aquí podedes consultar a listaxe de centros recoñecidos nesta edición 2021-2022.

Agardamos que este recoñecemento anime á nosa comunidade docente a seguir innovando nas aulas. 

Como sabedes, eTwinning é unha rede de centros escolares de Europa, e ofrece ós equipos educativos a posibilidade de comunicarse, cooperar, desenvolver proxectos e traballar de maneira colaborativa, á vez que fomenta o sentirse parte da comunidade europea. eTwinning é un proxecto cofinanciado por Erasmus+, o programa europeo para a educación, formación, xuventude e deporte.

Podedes ver no apartado de Internacionalización da nosa web o que o noso centro leva feito con eTwinning nos pasados cursos.

Hoxe damos un pasiño máis.

Seguimos avanzando cara a internacionalización da nosa Escola.

Grazas a tódalas persoas que o fan posible.

Formación eTwinning na EOI Vilagarcía

No día 20 de decembro de 2019 o profesorado da EOI de Vilagarcía de Arousa participou nun Café con eTwinning co embaixador Marcos Vence e a ex asesora Victoria Penide. A escola xa iniciara a súa andaina en eTwinning no ano pasado conseguindo o seu primeiro Selo de Calidad, co proxecto Celebrating Books

Proxecto Europeo eTwinning 2019 - Celebrating books - Selo de Calidade Europeo

O proxecto Celebrating Books foi o primeiro proxecto eTwinning de colaboración entre escolas de idiomas en Galicia, a saber, a Escola de Idiomas de Vigo, a Escola de Idiomas de A Coruña e a Escola de Idiomas de Vilagarcía de Arousa, de onde participou a totalidade do departamento de alemán, con Loly González, María Isabel Iglesias e Victoria Penide.

En total participaron cinco profesoras en Galicia, dúas profesoras en Turquía e unha profesora en Italia. Todas as profesoras participantes obtiveron Selo de Calidade nos seus respectivos países e o proxecto foi asimesmo galardoado co Selo de Calidade Europeo.

O proxecto levouse a cabo de modo paralelo en inglés e alemán.

Esta iniciativa pretendía fomentar a lectura e escritura creativa entre o alumnado de linguas estranxeiras. Con este propósito os nosos alumnos compartiron opinións sobre os seus libros favoritos e crearon os seus propios relatos de forma colaborativa. Unha vez escritas as diferentes historias, os alumnos tiveron un tempo para ler e escoller a mellor de todas. Aquí tedes unha ligazón ao relato gañador: https://issuu.com/inetwinningeoi/magic_book

Proxecto Europeo eTwinning 2017 - 'GLITTER: GLimpses InTo The hEarts of EuRope'

O proxecto eTwinning GLITTER: Glimpses InTo The hEarts of EuRope levado a cabo no curso 2017-18 tiña como obxectivo principal desenvolver o coñecemento da cultura europea a través de fotografías, descricións e comentarios sobre aspectos representativos dos países participantes (Alemaña, España e Italia).

As socias fundadoras foron Serenella Silenzi docente no IISS "G. Garibaldi" - Istituto Agrario, Macerata (Mc) de Italia e Leticia Pérez Domínguez da EOI de Vigo (Galicia-España), a este proxecto sumáronse como participantes Ana Isabel González Cruz da EOI de Pontevedra (Galicia-España), María Teresa Lorenzo Penedo da EOI de Vilagarcía de Arousa (Galicia-España) e Maike Neumann do Abendgymnasium der vhs stuttgart, Stuttgart, Alemaña.

Un proxecto da EOI Vilagarcía obtivo o Selo de Calidade Europeo en 2019

Comprácenos anunciar que na lista dos centros educativos que obtiveron o Selo de Calidade Europeo en 2019 se inclúe a nosa EOI! Un total de 1305 proxectos eTwinning recibiron este selo de calidade por traballar de maneira sobresaínte. No noso caso, o proxecto gañador foi Celebrating Books, dirixido por Loly González, Maria Isabel Iglesias e Victoria Penide, do Departamento de Alemán, xunto con outras dúas profesoras en Galicia, dúas en Turquía e unha profesora en Italia. Parabéns!

Podedes consultar a listaxe completa aquí. Na fotografía podedes ver o Selo de Calidade eTwinning que agora mesmo loce na entrada do centro, conmemorando a devandita colaboración.

 

eTwinning na EOI de Vilagarcía de Arousa

 

O 23 de marzo de 2017 tivemos unha sesión de formación sobre eTwinning na EOI de Vilagarcía de Arousa dentro do noso plan de formación permanente sobre traballo colaborativo e PBL, tamén vinculada ao proxecto de mobilidade KA104 Erasmus+ “Observamos: Inclusión contra o abandono” que vimos de solicitar. Agradecémoslles a difusión e a actividade.

Autoría e publicación do artigo na web da Embaixada eTwinning Galicia.

Embaixada eTwinning Galicia

Seguro que se investigastes algo sobre eTwinning, oíchedes falar dos embaixadores ou embaixadoras eTwinning. 

Quen son? Pois ben, non podía estar mellor explicado que por eles/elas mesmos/as. Animámosvos a visitar a páxina web da Embaixada eTwinning Galicia

Que fan? Unha das súas actividades é a formación sobre eTwinning en centros. Velaquí a formación que deron no curso 2011-2012 para centros da área do Salnés, na nosa EOI, que replicamos a continuación, con información extraida da páxina web da Embaixada eTwinning Galicia.

 

A acción formativa no Salnés terá lugar no próximo mes de xaneiro. As datas e horas marcaranse en función das necesidades dos inscritos, realizando réplicas das sesións. Están fixadas as seguintes:

  • 17/01/12 ás 10:30 - Na EOI de Vilagarcía. Laboratorio 1. 2h
  • 17/01/12 ás 16:30 - Na EOI de Vilagarcía. Laboratorio 1. 2h
  • 20/01/12 ás 16:30 - Na EOI de Vilagarcía. Laboratorio 1. 2h

Contidos:

  • Breve explicación do que é eTwinning.
  • Exemplos de proxectos de infantil, primaria e secundaria.
  • Demostración de uso do Escritorio e o Twinspace.
  • Inscrición dos interesados.

Doce participantes inscritos a 20/12/11, procedentes dos seguintes centros:

  • IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa.
  • CEIP Rosalía de Castro, Carril.
  • IES Francisco Asorey, Cambados.
  • EOI de Vilagarcía de Arousa.
  • CEIP de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.
  • CRA de Meis.

Que é eTwinning?

eTwinning é unha iniciativa que apoia proxectos na rede entre centros escolares de varios países europeos. O profesorado inscrito na plataforma eTwinning crea proxectos en conxunto e o desenvolven utilizando ferramentas de traballo en rede e as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). 

A través de internet, os equipos educativos (profesorado, equipos directivos, personal de biblioteca, etc.) dos centros escolares dos países europeos participantes, para comunicarse, colabroar, desarrollar proxectos, compartir ou o que é o mesmo: sentirs e formar parte dunha comunidade educativa a nivel europeo. eTwinning está cofinanciado por Erasmus+, programa europeo para a educación, formación, xuventude e deporte. 

Que podo facer nun proxecto eTwinning?

Os socios poden traballar sobre calquera tema que desexen. Os proxectos deben repartirse equitativamente entre o uso das TIC e mailas actividades de clase, adaptándose ás programacións. 

O tema a desenvolver pode ser dunha mesma materia ou multidisciplinar. Poden participar centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional, e ensinanzas de réxime especial, como a nosa EOI!

Interésache? Segue a @EOIVilagarcia e ó @eTwinning_es no Twitter para manterte informado/a. E se precisas máis información, preme aquí!

 

Distribuir contido