Skip to Content

Actividades culturais xaponés

Xaponés Club de Lectura 2024-2025 con Antía

DOKUSHO FUN! segue a súa andadura no curso 2024-2025

A primeira lectura está programada!

Falaremos do libro Os milagres de Namiya o xoves 24 de outubro ás 18.30 na biblioteca.

A última lectura de 2023-2024:

Semana Xaponesa 2024

Martes 23 de abril contaremos con Guillermo Rizzotto @ceremonia_de_te_en_barcelona para a charla sobre a cerimonia do té xaponés #chanoyu ! Agardámosvos ás 17:30 na Aula Magna da EOI de Vigo. A continuación na entrada da escola ás 20:00, o grupo Kalani que, co seu concerto de Taiko (tambor xaponés ) dará peche ó evento o martes. En colaboración coa artista e alumna de xaponés @m0rgac, que fará unha performance artística durante a actuación do grupo.

VI Semana do Cine Xaponés en Vigo

Con prezos especiais para alumnado da EOI e en colaboración do departamento de xaponés, chega a sexta edición da Semana do Cine Xaponés en Vigo. Máis info na web de Multicines Norte.

Xaponés: Club de lectura 2023-2024

A lectura para a última sesión:

 

Obradoiros de xaponés, 13 e 14 de decembro

Capacidade limitada con preferencia para o alumnado de xaponés.

Mércores, 13 de decembro:

  • 9.30, Obradoiro de Debuxo Manga, E9
  • 11.00, Obradoiro de Takoyaki e Okonomiyaki, cafetería
  • 18.30, Obradoiro de Kendo, Aula Polivalente (roupa deportiva)

Xoves, 14 de decembro:

  • 17.00 ou 18.00, Obradoiro de Caligrafía, aula 30
  • 17.00 ou 18.00, Obradoiro de Origami, aula 12
  • 17.30 ou 19.00, Obradoiro de Pastelaría xaponesa, cafetería
  • 18.30 ou 19.30, Obradoiro de Xaponés 2.0, aula E6 (portátil, tablet ou teléfono)
  • 18.30, Obradoiro de Kendo, Aula Polivalente (roupa deportiva)

Concerto Takano Yoko

Será emitido en directo por Radio Linguas. Dálle a PLAY 

VIVE XAPÓN EN VIGO, 20 e 21 de abril de 2022

Co apoio da Embaixado do Xapón en España, o Departamento de xaponés organizou os días 20 e 21 de abril de 2022 o evento “Vive Xapón en Vigo”, composto por obradoiros para que os alumnos puidesen participar de diferentes maneiras e se implicasen na aprendizaxe do idioma xaponés a través da cultura.

Houbo obradoiros de escritura, pintura, protección contra catástrofes naturais (en xaponés), artes marciais, dobraxe... realizados por profesionais en cada tema ou polos profesores do departamento.

Fotos dos obradoiros:

Visita da directora da Japan Foundation

O pasado venres, 3 de decembro de 2021, a directora da Fundación Xapón en Madrid, Keiko Morito, foi recibida polo profesorado do departamento de xaponés e pola directora da EOI de Vigo, Laura Torrado.

Día do Xapón en Vigo

Actividades o día 15 de decembro pola mañá e o 16 de decembro pola tarde.

Consulta o programa completo aquí.

Entrevista a Hiroko Ikeda, profesora de xaponés

Fálanos un pouco de ti.

Chámome Hiroko Ikeda. Son de Yokohama, Xapón.

Suevia Sobral, Paula Blanco e Hiroko Ikeda diante do photocall do Samaín xaponés.

Distribuir contido


by Dr. Radut