Skip to Content

Coñece as persoas candidatas




(Publicacións realizadas por orde de recepción das informacións das persoas candidatas a partir do 14 de novembro.)

PROFESORADO

  • ACEA MÉNDEZ, MARÍA ISABEL, profesora de galego
  • ALONSO HARADA, YERMA HORTENSIA, profesora de xaponés
  • VARELA PALMEIRO, BEATRIZ, profesora de inglés

ALUMNADO

ADRIÁN BLANCO ARAGUNDE Chámome Adrián, son alumno da sección de Tui e preséntome como representante do alumnado no Concello Escolar. Comecei a miña andaina nos idiomas hai máis de 20 anos na Escola de Idiomas de Pontevedra onde aprendín Alemán, idioma que remataría na de Vilagarcía. Máis tarde comecei Italiano na de Lugo que remataría anos despois na de Vigo, xunto co B2 de Galego. Xa na Sección de Tui cursei Inglés e agora estou a aprender Portugués. Ofrézome a participar, a través do Consello Escolar, como enlace do alumnado para aportar as demandas e propostas de medidas que melloren o funcionamiento da nosa Escola.

Mercedes Piñeiro SearaMERCEDES PIÑEIRO SEARA

Mi nombre es Mercedes Piñeiro Seara y soy la actual presidenta de la Xunta de representantes del Alumnado de la EOI de Vigo desde hace ya 5 años.  Llevo cursando en la escuela el B1, B2 y C1 de inglés, así como el B2 y C1 de francés. Soy Licenciada en Derecho y una apasionada de los idiomas. Tengo grandes habilidades de liderazgo y sociales y por ello me gustaría seguir representando al alumnado en el Consello Escolar para estar involucrada con las decisiones que ahí se toman y siempre intentando que nuestra escuela sea mejor en todos los sentidos. Con respeto, tesón e ilusión creo que podemos seguir creando y mejorando muchas cosas con la ayuda de TODOS. Cuento con vosotros porque creo en nuestra Escuela, es una familia que ayuda a mucha gente a darle sentido a su vida y no hablo sólo de obtener un título y eso es precisamente lo que me gusta y lo que me empuja a seguir queriendo formar parte de este maravilloso equipo.  

TONI CASAUS SERRANO

Chámome Toni Casaus e son alumno da sección da EOI de Cangas e profesor de Secundaria. Actualmente estou cursando o B2.2 de inglés e preséntome ao Consello Escolar. Son o perfil de persoa que estuda nas seccións desde fai xa varios anos e que é consciente da necesidade de ter voz neste órgano para poder mellorar as seccións e o conxunto da EOI.

Unha das miñas propostas é garantir que todo o alumnado de EOI teña as mesmas posibilidades independentemente do lugar no que estude. É dicir, que se amplíe a oferta de idiomas en todas os centros dependentes da EOI Vigo. Considero ademais, que a lingua galega debería poder estudarse en todas as seccións pois, por diferentes razóns, son moitas as persoas interesadas.

MARÍA XESÚS GONZÁLEZ

O meu nome é María Xesús González e actualmente estudo B1 de inglés na sección de Cangas.

Son profesora de Secundaria e levo varios anos estudando na escola desta localidade. Preséntome

ao Consello Escolar coa idea de mellorar o día a día do alumnado e poder ampliar a oferta educativa

en todas as seccións : Cangas, Redondela, Nigrán, Tui, Ponteareas, Coia e tamén na Central. Poder

dar a nosa opinión neste órgano no que se toman decisións importantes é un dereito que non

debemos desaproveitar.

PAIS/NAIS/TITORES

  • Non houbo candidaturas

 



page | by Dr. Radut