Consello Escolar infografía 2024 de EOI de Vigo
Coa constitución da Xunta Electoral comezou o proceso electoral para a renovación parcial dos distintos sectores da comunidade educativa representados no Consello Escolar do centro.
O prazo para a presentación de candidaturas dos sectores de alumnado, pais / nais / persoas titoras legais, persoal de administración e servizos e profesorado estenderase desde o día 5 ao 13 de novembro, ambas as datas incluídas.
Os impresos para a presentación de candidaturas estarán dispoñibles na conserxería da sede central ou nas xefaturas de estudos das seccións, onde tamén deberán presentarse para facer efectiva a candidatura.