Skip to Content

Pinturas en colaboración

O traballo en grupo ou en parellas ten unha fascinación propia porque permite a interacción facendo eco á creación allea e xerando así unha sintonía e consonancia dos elementos. Ao mesmo tempo, cada participante segue apor- tando o seu estilo moi persoal e individual. Esta dimensión adicional elaborando redes de accións e reaccións falta nas creacións en solitario.

Moitas veces a relación entre as achegas é tal que traballando en grupo, comenzando unha, as outras deciden continuar xusto co mesmo bote de pintura coincidindo en cor e forma de como queren seguir avanzando nese momento dado.

  • Roswitha Althoff, profesora (alemán) -- a súa páxina web
  • Alicia Gil, profesora xubilada (inglés)
  • Maria Jesús Pirallo
  • Estela Ivkovcic

Para pintar en colaboración como grupo de alumnado ou de forma individual, contacta con roswithaalthoff@edu.xunta.gal.

A cambio dun donativo solidario considerable ao Banco de Alimentos de Vigo, cédese unha pintura que selecciona o doante. Contacta con roswithaalthoff@edu.xunta.gal



page | by Dr. Radut