Skip to Content

Procedemento para pagar taxas

Pode efectuar o pagamento das taxas de dous xeitos diferentes:
Nas ENTIDADES BANCARIAS:
Pode retirar o impreso de liquidación de taxas na conserxería do centro. Debe encher os espazos destinados aos seus datos persoais.
Tamén pode xerar un impreso Modelo AI: (Modelo AI Autoliquidación de taxas → Iniciar taxa → Cadeado de acceso libre → Descargar modelo). Imprima e encha este modelo utilizando os códigos do exemplo do Modelo AI que tamén figuran abaixo.

Marque o importe de matrícula que lle corresponde aboar dependendo do tipo de alumnado. Teña en conta que debe marcar correctamente este importe porque non se pode solicitar ningunha devolución de taxas debido a un erro do propio alumno/a.
(O alumnado poderá aboar a totalidade dos prezos públicos no momento de formalizar a matrícula, ou ben fraccionar o pagamento en dous prazos: 50% no momento de presentar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. Só se pode fraccionar as contías referidas ao concepto de matrícula. En todo caso, deberá indicar no impreso a opción elixida. No caso de fraccionar debe presentar o documento para o pago do segundo prazo, cuberto cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación, e asinado xunto co certificado do IBAN, no que figure o nome do alumno/a que fracciona. A falta de pagamento do segundo prazo producirá automáticamente a anulación da matrícula e suporá a perda das cantidades aboadas.)

Efectúe o pagamento presencialmente nunha das entidades bancarias habilitadas para tal efecto (Abanca, BBVA, Banco Sabadell, Banco Santander, Bankia, Caixa Geral de depositos, Caja Rural de Lugo, Caja Rural de Zamora, Evo Banco S.A., Ibercaja, La Caixa, Targobank).

Realizado o pagamento, deberá escanear os xustificantes e presentalos na aplicación de matrícula en liña.

Por INTERNET (con tarxeta)
Acceda á Oficina virtual tributaria da Consellería de Facenda e siga esta ruta: Cidadáns→Pago de taxas e prezos → Iniciar taxa.
Indique os seus datos persoais e os códigos de tramitación e dea a orde de pagamento. Comprobe ben o importe que debe aboar, pois non existe a posibilidade de devolución de taxas.
A aplicación xeraralle un xustificante de pagamento modelo 730 que deberá presentar co resto da documentación na aplicación de matrícula en liña.

No caso de que deba retomar a operación, a aplicación xeraralle un código de verificación CSV que envía ao seu correo electrónico. Debe acceder de novo á Oficina virtual tributaria da Consellería de Facenda e seguir esta ruta:
Cidadáns→Pago de taxas e prezos→ Operacións realizadas

 
O Modelo 730 é o documento xustificante de pagamento necesario (o recibo de pagamento non ten validez para facer a matrícula).
 
 
Códigos de tramitación
Consellería: Educación, Universidade e F. P.: 07
Delegación: Vigo 41
Servizo: Ensino Medio 03
Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 350800

Modelo AI de autoliquidación de taxas (exemplo)

Modelo AI en branco

 


page | by Dr. Radut