Celebramos a segunda proba de aventura e orientación urbana "Un mar de linguas" o vindeiro domingo 23 de abril ás 11.00 h coa colaboración co Concello de Vigo. Comezaremos a proba na Praza do Rei, diante do edificio do concello. Anímate a pasar unha mañá divertida con nós!
Para familiarizarte coas características da proba, podes ler o seguinte dossier explicativo, no que atoparás toda a información necesaria.
Para participar, podes crear o teu propio equipo de compañeiros e compañeiras de clase ou tamén podes traer algún amigo ou familiar, o importante é que todos os participantes do equipo debedes cubrir de xeito individual o seguinte cuestionario, para asegurarvos a praza dado que a actividade está limitada a 150 persoas.
Se non tes equipo propio, non te preocupes! O domingo 23 de abril asignarémoste un antes de que comece a proba.
Os menores de idade que queiran participar na carreira teñen que enviar unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores legais que está incluída no cuestionario de inscrición.
O prazo de inscrición na actividade remata o venres 21 de abril ás 12.00 horas.