NOVO ALUMNADO 2024/2025
PASO 1:
O novo alumnado da escola ten que facer unha preinscrición (PASO 1) antes de formalizar a súa matrícula (PASO 2). Lembre que a preinscrición non garantiza unha praza na escola. Só os alumnos que aparezan nas listas de admitidos despois de facer a preinscrición, e formalicen posteriormente en prazo e forma a súa matrícula serán alumnos oficiais da escola para o curso 2024-2025. A preinscrición é gratuita.
Quen ten que facer preinscrición?
Todo aquel que se matricule por primeira vez na escola terá que facer a preinscrición en liña.
Tamén deberán facer a preinscrición:
Prazos de preinscrición.
Prazo do 24 de xuño ata as 23.59 horas do 5 de xullo.
Lista de admitidos.
Feita a preinscrición, para poderse matricular, os alumnos deberán comprobar a súa inclusión nas listas de admitidos.
PASO 2:
Consulta a túa admisión a partir do día 9 DE XULLO 2024 e formaliza a túa matrícula nesta ligazón ata o 19 de xullo:
Consulte a información sobre as taxas nesta ligazón.