MATRÍCULA.

Matrícula 2024-2025

ALUMNADO OFICIAL DO CURSO 2023-2024

Pode descargar toda a información relativa a matrícula nun documento PDF que aparece como como ficheiro adxunto. 

O alumnado oficial do curso 2023-2024 que desexe continuar estudos do mesmo idioma na escola, non debe facer preinscrición, e pódese matricular directamente no premendo no botón verde que aparece a continuación nos prazos establecidos. 

Unha vez efectuado o pago dos prezos públicos, o/a solicitante deberá presentar o resgardo de matrícula e o resgardo de que efectou o pago dos prezos públicos correspondentes na entidade bancaria (ou do pago telemático, de ser o caso), ademais do resto da documentación requirida.

Novidade 2024/25: O alumnado menor de idade ten que cargar na plataforma de matrícula o documento Protocolo de Menores.

Moi importante! A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA TERÁ QUE CARGARLA DIRECTAMENTE O ALUMNADO NA PROPIA APLICACIÓN DE MATRÍCULA (CENTROSNET).

COMEZA A TÚA MATRÍCULA

 

APTO/A NA CONVOCATORIA ORDINARIA 

Do 18 de xuño ata as 23.59 horas do 28 de xuño de 2024.

 

APTO/A, NON APTO/A OU NON PRESENTADO/A NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XUÑO

Do 28 de xuño ata as 23.59 horas do 5 de xullo de 2024.


ALUMNADO QUE TIVO QUE FACER A PREINSCRICIÓN. 

Os alumnos que fixeron preinscrición poderán consultar se foron admitidos o día 9 de XULLO.

Se necesita información sobre o proceso de preinscrición pinche aquí.

Os alumnos admitidos no proceso de preinscrición poderán formalizar a súa matrícula no seguinte enlace: 

MATRÍCULA PARA PREINSCRITOS

Unha vez efectuado o pago dos prezos públicos, o/a solicitante deberá presentar o resgardo de matrícula e o resgardo de que efectou o pago dos prezos públicos correspondentes na entidade bancaria (ou do pago telemático, de ser o caso), ademais do resto da documentación requirida:

  • Fotocopia do DNI, ou do NIE no caso do estrenxeiros (non será válido o pasaporte)
  • Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2024, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2023-2024, expedido polo centro onde estea matriculado (ver anexo IV-CERTIFICADO 1ª LINGUA ESTRANXEIRA como documento adxunto)
  • Novidade: O alumnado menor de idade ten que cargar na plataforma de matrícula o documento Protocolo de Menores.
  • No caso de precisar adaptacións para as probas deberá cubrir o modelo de solicitude de adaptación de probas adxunto a continuación.

 

 Prazos de matrícula para o alumnado admitido nos procesos de preinscrición.

Os alumnos que fixeron preinscrición poderán consultar se foron admitidos o día 9 de xullo.

Os alumnos admitidos no proceso de preinscrición poderán matricularse do 9 xullo ao 19 de xullo.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA E ADXUDICACIÓN DE VACANTES. 

Ao finalizaren o proceso de matrícula a escola ofertará as vacantes do 9 e o 19 de xullo de 2024 e do 1 ao 20 de setembro 2024 na secretaría da escola.

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas:

Distribuir contido