Segundo recolle o o artigo 15º do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia: o Equipo de Dinamización da Lingua Galega crearase para potenciar o uso da lingua galega no centro educativo e terá un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de promoción da lingua galega.O obxectivo primordial do EDLG da EOI de Ribadeo é que a nosa escola sexa un centro no que o alumnado e o resto da comunidade educativa podan comunicarse en galego e manexar a lingua nun contexto de normalidade e dun xeito natural. Xa que logo, márcase os seguintes Obxectivos (recollidos no Proxecto Lingüístico do Centro):- Criar un espazo propio do EDLG para a difusión e o intercambio de aspectos relacionados coa lingua e cultura galegas, tanto físico coma virtual.- Velar porque a produción documental e informativa do centro se faga en galego correctamente escrito.- Traballar a prol da eliminación dos preconceptos lingüísticos entre todos os colectivos que conviven na Escola.- Fomentar o interese polo coñecemento e emprego da lingua como ferramenta espontánea e necesaria de comunicación.- Cultivar o interese pola literatura galega.- Conseguir que a Escola se converta nun verdadeiro centro difusor da lingua, da literatura e da cultura galegas.