Consulte as datas de revisións dos exames premendo nas seguintes ligazóns:
Consulte aquí o sistema de avaliación das probas e resolva as súas dúbidas.
LEMBRE QUE:
Nivel B2
Proba escrita | Proba oral |
Nivel C1
Proba escrita | Proba oral |
Nivel B2
Proba escrita | Proba oral |
Nivel C1
Proba Escrita | Proba oral |
ALUMNADO OFICIAL: O alumnado oficial que non poida presentarse a unha das convocatorias por estar cummprindo unha medida de illamento ou corentena, e non supere todas as actividades de lingua, promocionará ao seguinte nivel e deberá recuperar as actividades non superadas na convocatoria ordinaria do curso 2021.
CASOS EXCEPCIONAIS:
Alumnado que non poida asistir a ningunha das convocatorias: realizará unha proba de promoción que lle permitirá a asignación, ou non, ao nivel superior. Neste caso, poderá certificar na convocatoria do curso seguinte sen ter que aboar ningún tipo de taxa.
IMPORTANTE: Deberá achegar xustificación documental a infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com nun prazo de 3 días hábiles a partir do día da proba ao que estaba convocado/a.
Renuncia á promoción: este alumnado poderá repetir curso presentando a súa renuncia perante a Dirección da Escola no prazo establecido. Esta renuncia computará para os efectos de permanencia.
Na EOI de Pontevedra pódense realizar ditintos tipos de probas:
Diagnostica o nivel de coñecementos previos da lingua de estudo e determina en que curso lle correspondería matricularse.
Prazo de matrícula: mes de setembro.
Realización da proba: mes de setembro.
Outorgan un certificado oficial de nivel de lingua da EOI con validez internacional, que ademais puntúa en concursos de méritos, oposicións, traslados, expediente académico, etc.
Alumnado oficial: ten dereito á convocatoria de xuño e setembro. Ademais de obter un certificado da EOI, a proba daralle acceso ao seguinte curso e nivel.
Alumnado libre: pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación (ou en varias á vez).
Só ten dereito a unha única convocatoria.
Dirixidas ao alumnado matriculado no 1º curso do nivel Básico/Intermedio/Avanzado. Ademais das convocatorias ordinaria e extraordinaria, realizarase unha proba de progreso no mes de febreiro.