O alumnado que asi o desexe poderá solicitar a renuncia de matrícula de acordo coa Orde de avaliación do 19/04/2012 (DOG do 30/12),
A renuncia farase efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude e o alumnado que renuncie non poderá asistir a clase a partir de ese momento.
A primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia. A permanencia no curso e nivel correspondente está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel.
Unha renuncia non conleva a devolución das taxas aboadas
O alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, se despois desexa continuar os seus estudos, deberá someterse de novo ao proceso de admisión.
Deberase solicitar a renuncia á matrícula antes do 30 de abril na secretaría do centro ou por email (eoi.monforte@edu.xunta.gal).