Skip to Content

Concurso Logo Erasmus +

Bases do concurso

O deseño seleccionado será o que represente ao proxecto Erasmus+  CARE da EOI de Monforte.

1. Participantes: Aberto a todo o alumnado, ex-alumnado e profesorado da escola (EOI Monforte e Sección de Chantada).

2. Datos persoais necesarios: Nome (se queres tamén un seudónimo), curso, grupo e teléfono.

3. Forma de participación: Enviar o deseño dun logo que represente ao proxecto Europeo ao correo: eoimonforte@gmail.com

4. Premio: Un vale de 100€ canxeable nunha librería da contorna.

5. Xurado: Equipo directivo.

6. Prazo de entrega: Ata o 1 de marzo de 2021.

7. Publicación do logo seleccionado: 5 de marzo de 2021.

8. O autor ou autora do deseño seleccionado cede á Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos o dereito de usar o logo total ou parcialmente nas publicacións relacionadas co Erasmus+.

9. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado.



page | by Dr. Radut