Skip to Content

Concurso Outono Fotográfico

 

 

Bases do Concurso  Outono Fotográfico

 

 

  1. Participantes:  Aberto a todo o alumnado da escola (EOI Monforte e Sección de Chantada).
  2. Datos persoais necesarios:  Nome e apelido (e, se queres, un seudónimo tamén) curso, grupo e número de teléfono.
  3. Forma de participar: envía unha fotografía relacionada co outono cun título en GALEGO ao correo: eoimonforte@gmail.com
  4. Premio: haberá tres fotografías premiadas. Cada unha delas será premiada cunha cesta con productos típicos do outono. Cestas A / B / C.
  5. Xurado:  Equipo directivo, Rosario Mª González Martín (persoal subalterno) e Sonia Fernández Castro (coordinadora EDLG).

 

-       Dúas fotografías serán elexidas polo xurado.

 

-       Unha fotografía será elexida tendo en conta o número de "Me Gusta" recibidos no Instagram da EOI de Monforte

 

  1. Prazo de entrega: Ata o 23 de novembro de 2020.
  2. Publicación das fotografías premiadas: 30 de novembro de 2020.
  3. Ao participar, o alumnado autor da fotografía cede á Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos o dereito de difundir ou publicar a imaxe fotográfica total ou parcialmente no medio que considere oportuno, sempre citando ao autor/a (ou seudónimo se así o preferise), o seu curso e grupo.
  4. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado.

 



page | by Dr. Radut