Skip to Content

Concurso Relatos de Halloween

Envía o teu relato de terror en inglés a eoimonforte@gmail.com co teu nome, curso e grupo.

 Bases do Concurso de Relatos de Halloween

  1. Participantes:  Aberto a todo o alumnado da escola (EOI Monforte e Sección de Chantada)
  2. Datos persoais necesarios:  Nome, curso e grupo (e se queres un seudónimo)
  3. Idioma dos relatos: Inglés
  4. Extensión: Máximo 120 palabras
  5. Temática: Relatos de terror
  6. Premio: Tres vales de 25€ para mercar libros nunha librería da contorna, un vale por nivel (A / B /C)
  7. Xurado:  Departamento de inglés da escola
  8. Prazo de entrega: Ata o 9 de novembro de 2020
  9. Publicación dos relatos premiados: 16 de novembro
  10. Ao participar, o alumnado autor das obras cede a Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos o dereito de difundir ou publicar o relato total ou parcialmente no medio que considere oportuno, sempre citando ao autor/a (ou seudónimo se así o preferise) e o seu nivel.
  11. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado

 

 

 



page | by Dr. Radut