As ensinanzas da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza están estruturadas segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) da seguinte maneira, para os catro idiomas que se imparten; alemán, francés, inglés (tamén na sección de Burela) e italiano:
As modalidades de estudo que o alumnado pode seguir son:
- Oficial presencial: Permítelle o alumnado a asistencia a clase durante o curso académico (de setembro a xuño) cunha duración de 120 horas (4 horas á semana). Tes dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción, ou probas de certificación de nivel.
- Libre: Enténdese por alumnado libre aquel que se matricula na escola só para realizar as probas de certificación de nivel e obter o título correspondente.
Os cursos de competencias lingüísticas están adicados a reforzar determinadas destrezas comunicativas, neste caso, as destrezas orais de inglés e francés. Ademais, están divididos en diferentes niveis (de B1 a C1) para axustarse ás diferentes necesidades do alumnado.
No curso 2024/25, en inglés, na sección de Burela e na EOI de Viveiro ofértanse os niveis B1 e B2. En Francés, ofértanse os niveis B2 e C1. En todos os casos son cursos de 60 horas de duración e impártense nunha única sesión semanal de dúas horas. Podes consultar os horarios de cada curso na oferta educativa.
Non é necesario acreditar un nivel para poder matricularse, pero si é recomendable ter coñecementos previos do idioma. A matrícula nestes cursos é decisión voluntaria do alumnado, polo que o centro non se fai responsable da falta de aproveitamento do curso se o alumnado non ten nivel suficiente.
- Progrma That's English!: Seguindo o programa That's English! o alumnado matriculado neste tipo de ensinanza ten dereito a asistir a unha titoría semanal no centro de hora e media. Ten dereito a realización dos exames para superar os módulos nos que se estrutura este tipo de ensinanza. O alumnado do programa That's English! que desexe ter os certificados de nivel A2, B1, B2 e C1 deberá realizar estas probas xunto co alumnado presencial.