HORARIO DE ATENCIÓN O PÚBLICO (presencial e telefónica) DURANTE O CURSO:
Tamén podes contactar coa secretaría a través do enderezo web xeral da escola eoi.viveiro@edu.xunta.gal.
TRÁMITES MÁIS COMÚNS
Podes solicitalos por teléfono, presencialmente na secretaría ou a través do enderezo web, cubrindo este impreso.
Para solicitar o cambio de grupo debes cubrir e asinar este impreso e entregalo presencialmente na secretaría ou a túa profesora. Os datos do profesorado son cubertos pola escola.
Ata o 30 de abril podes renunciar á túa matrícula cubrindo este impreso. Podes solicitar á renuncia presencialmente na secretaría ou a través do enderezo web eoi.viveiro@edu.xunta.gal . O impreso que envíes debe estar asinado.
Debes entregar a solicitude debidamente cuberta e asinada, xunto cunha copia do teu DNI/NIE e o impreso do pagamento das taxas que reclamas.
Podes recoller os impresos na secretaria da escola o descargalos na web, onde che indicamos os pasos a seguir para solicitalo.
Se non estás de acordo coa cualificación obtida, podes presentar presencialmente na secretaría ou a través do enderezo web, unha reclamación perante a dirección do centro no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte o da publicación da túa nota. Podes consultar aquí o procedemento de reclamación.