1. PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.
A inscrición realizarase en liña, dende o enderezo https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre . A inscrición feita en liña non terá validez ata que a formalices a través da aplicación web, presentando toda a documentación necesaria.
Debes realizar unha solicitude para cada idioma e nivel no que desexes matricularte.
a) Para os niveis B2 e C1 de inglés, deberás seleccionar todos os centros en que se van administrar as probas, de acordo coa túa orde de preferencia. No momento de cubrir o formulario de inscrición, a aplicación asignarache un número de solicitude, independentemente da escola, idioma e nivel solicitados.
Entre o día 24 de outubro e o 31 de outubro, poderás consultar na aplicación web (https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre) a escola onde estás admitida ou admitido. Para formalizar a matrícula debes pinchar no botón "Formalizar matrícula" e, despois de confirmar a matrícula dentro do prazo de matrícula, tamén debes cargar na aplicación web toda a documentación necesaria dentro do prazo.
b) Para o resto dos idiomas e niveis debes seleccionar unicamente a escola onde queiras realizar a proba.
Dende o momento no que te inscribas, poderás formalizar a matrícula na aplicación web pinchando no botón "Gestión de preinscriciones" e despois no botón "formalizar matrícula". despois de confirmar a matrícula, cargar na aplicación web TODA a documentación necesaria, ata o 31 de outubro.
2. DOCUMENTACIÓN NECESARIA
3. PAGO DE TAXAS.
TAXAS PARA A MATRÍCULA LIBRE
|
Ordinaria |
Persoal docente da Consellería de Educación |
Familia numerosa (xeral) |
Familia numerosa (especial) |
Minusvalía (33% ou superior) |
Alumnado novo (sen expediente aberto nunha EOI de Galicia) |
68 Euros |
22 Euros |
34 Euros |
0 Euros |
0 Euros |
Alumnado antigo (con expediente aberto en calquera EOI de Galicia) |
46 Euros |
0 Euros |
23 Euros |
0 Euros |
0 Euros |
CÓDIGOS PARA A MATRÍCULA NA EOI DE VIVEIRO:
O pagamento poderase realizar de dúas maneiras: