Obradoiro sobre: benestar en familia na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro.
Día: 2 de Decembro
Horario: 16:00 a 17:30
Inscripcións: anadiazportela@edu.xunta.gal
982551745
Podes tamen apuntarte na biblioteca da Escola, será un obradoiro moi enriquecedor!
A familia é o axente de socialización primaria onde se adquiren normas, valores, actitudes, patróns de conduta... Contar con recursos e ferramentas útiles que contribúan a unha comunicación positiva e que fomenten vínculos seguros é fundamental no desenvolvemento da infancia e da adolescencia, e ten un impacto moi beneficioso para a familia como núcleo afectivo e emocional. Coidarse en equipo implica asumir que cada membro da familia xoga un papel importante para a consecución do benestar familiar
@querote_mais
O día 29 de Outubro celebramos na Escola Oficial de Idiomas o Magosto, por mor das inclemencias meteorolóxicas festexamos no corredor da Escola. Ao son de Xabier Díaz o alumnado degustou un dos productos máis típicos destas datas.
Este curso 2024-2025 ofrécese por primeira vez un club de lectura en galego aberto a toda a comunidade educativa. Se te queres anotar, podes facelo na biblioteca da Escola de Idiomas ou, a través das redes sociais. O prazo de matrícula é ata o 30 de Outubro.
Haberá dous encontros para fomentar o uso e a promoción da lingua galega: O primeiro libro leerase no primeiro tremestre e o segundo, no segundo. Nos clubs de lectura da Escola Oficial de idiomas tentamos crear un ambiente idílico e distendido no que o lector ou lectora se sinta cómoda.
Ademáis, este ano, para abrir este club teremos a honra de ter connosco a un dos autores ou autoras do primeiro libro do club.
Agardámosvos!