Probas de certificación

Información Xeral

- Neste enlace atoparás modelos das probas de certificación en Galicia.

- Neste enlace (non oficial) atoparás modelos de probas de certificación de varias comunidades autónomas (a normativa, e polo tanto, os modelos de exames, non son iguais que os de Galicia).

- Neste enlace atoparás o marco común europeo de referencia para as linguas.

ALUMNADO PRESENCIAL E DO PROGRAMA CUALE. CURSO 2023/24

- A norma que regula as probas de certificación polo réxime oficial e do programa CUALE do curso 2023/24 é a instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Guías informativas e de especificacións.

Parámetros de avaliación.

- Explicación da puntuación e avaliación do nivel A2.

- Explicación da puntuación e avaliación dos niveis B1, B2, C1 e C2.

Dereito a reclamar.

 

 

 RÉXIME LIBRE. CURSO 2024/25

- As probas de certificación para o alumnado libre realizáronse no mes de xaneiro pero no curso 2024/25 serán no mes de xuño. Polo momento, non está fixado o prazo de matrícula.

- A norma que regula as probas de certificación polo réxime libre do curso 2023/24 é a instrución 11/2023 da D.X. de Formación Profesional.

- Inscrición e matrícula  nas probas de certificación polo réxime libre.

- Idiomas e niveis que oferta esta escola polo réxime libre.

- Guías informativas e de especificacións.

- Parámetros de avaliación.

- Explicación da puntuación e avaliación do nivel A2.

- Explicación da puntuación e avaliación dos niveis B1, B2 e C1.

- Dereito a reclamar.

Acceso ás probas de certificación

Alumnado do réxime libre

Estas probas, realízanse en CONVOCATORIA ÚNICA para o alumnado do RÉXIME LIBRE para a obtención dos certificados de nivel básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1, as probas do curso 2024/25 serán no mes de XUÑO de 2025.  

 

  1. Poderanse matricular nas probas de certificación daquel idioma que cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano de realización das probas.
  2. Poderanse matricular nas probas de certificación daqueles idiomas que non cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano de realización das probas.
  3. O alumnado libre poderá matricularse en calquera nivel das probas de certificación (agás o avanzado C2), previo pagamento dos prezos públicos correspondentes, sen que sexa requisito ter obtido o certificado do nivel anterior.
  4. O alumnado libre que supere a proba de certificación de calquera nivel (A2, B1, B2 e C1) poderá incorporarse, a partir do seguinte ano académico, ao primeiro curso do nivel superior ao aprobado, do réxime de ensinanza oficial presencial en calquera escola oficial de idiomas, sempre e cando sigan o procedemento de preinscrición e matrícula que se estableza.
  5. O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.
  6. O alumnado que realizara estudos nunha escola oficial de idiomas e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola, deberá indicar esta circunstancia na solicitude de matrícula ao efecto de que a escola na que se matricula como alumno libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe.

Alumnado procedente do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE)

  1. O alumnado procedente dos cursos do programa CUALE que se matricule para realizar as probas de certificación terá carácter de alumnado oficial para os efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, a convocatoria de probas ordinaria, terá lugar, con carácter xeral, na primeira quincena do mes de xuño e a extraordinaria, que se realizará a partir do 20 de xuño, unicamente no idioma e nivel cursado no programa CUALE, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.
  2. Este alumnado deberá formalizar a matrícula seguindo o procedemento recollido na instrución na que se regulan as probas de certificación polo réxime oficial, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.

 Alumnado de ensinanza oficial presencial

  1. O alumnado do réxime presencial terá dereito a unha convocatoria de probas ordinaria, que terá lugar, con carácter xeral, na primeira quincena do mes de xuño e outra extraordinaria, que se realizará a partir do 20 de xuño. 
  2. O alumnado oficial presencial matriculado nun curso final de nivel terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promover, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior. Este alumnado non terá que facer ningunha inscrición, ao ter xa dereito á proba pola súa matrícula como alumnado oficial no curso.
  3. O alumnado oficial presencial matriculado nun curso non final de nivel que desexe realizar as probas de certificación de calquera nivel, poderá matricularse na escola á que pertence, de acordo coas instrucións establecidas na instrución que regula as probas de certificación polo réxime libre. Se o idioma do que desexa matricularse polo réxime libre non se impartira na escola na que formalizou a matrícula oficial, poderá matricularse noutra escola que imparta esa lingua, indicando esta circunstancia no momento de entregar a súa solicitude co obxecto de que dita escola solicite copia do seu expediente académico á escola de orixe.
Distribuir contido