O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten o compromiso de promover a extensión e a diversidade da lingua galega, de desactivar os estigmas e prexuízos sociolingüísticos nun proceso voluntario e participativo ao que calquera pode unirse.
Impulsamos o uso do galego mediante actividades de lectura, escritura e iniciativas culturais e lúdicas que fomenten a oralidade e a participación activa.
Se desexas participar e asistir ás nosas actividades, podes consultar toda a información na sección correspondente da web da Escola. Ademais, recomendámosche que visites o noso taboleiro no corredor da EOI para estar ao día das novidades.
Infórmate das nosas actividades