Cursos de competencias lingüísticas (orais)

Os cursos de competencias lingüísticas están adicados a reforzar determinadas destrezas comunicativas, neste caso, as destrezas orais de inglés e francés. Ademais, están divididos en diferentes niveis (de B1 a C1) para axustarse ás diferentes necesidades do alumnado.

No curso 2024/25, en inglés, na sección de Burela e na EOI de Viveiro ofértanse os niveis B1 e B2. En Francés, ofértanse os niveis B2 e C1. En todos os casos son cursos de 60 horas de duración e impártense nunha única sesión semanal de dúas horas. Podes consultar os horarios de cada curso na oferta educativa.

Non é necesario acreditar un nivel para poder matricularse, pero si é recomendable ter coñecementos previos do idioma. A matrícula nestes cursos é decisión voluntaria do alumnado, polo que o centro non se fai responsable da falta de aproveitamento do curso se o alumnado non ten nivel suficiente. 

Os prazos para matricularse no curso 2024/25 nesta escola de idiomas son:

  • Do 18 de xuño ao 5 de xullo.
  • Do 2 ao 20 de setembro.

- Documentación a entregar.

- Taxas de matrícula POR COMPETENCIAS.

Para matricularte nestes cursos, debes cubrir a túa solicitude no enlace correspondente:

EOI Viveiro Luzo Pozo Garza

Sección de Burela da EOI de Viveiro

A norma que regula o proceso de preinscrición, admisión e matrícula para o curso 2024/25 é a Resolución do 16 de maio de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.