Inscrición e matrícula para as probas de certificación. Réxime libre. Curso 2023/24

1. PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.

A inscrición realizarase en liña, dende o enderezo https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre . A inscrición feita en liña non terá validez ata que a formalices a través da aplicación web, presentando toda a documentación necesaria.

Debes realizar unha solicitude para cada idioma e nivel no que desexes matricularte.

a) Para os niveis B2 e C1 de inglés, deberás seleccionar todos os centros en que se van administrar as probas, de acordo coa túa orde de preferencia. No momento de cubrir o formulario de inscrición, a aplicación asignarache un número de solicitude, independentemente da escola, idioma e nivel solicitados.

Entre o día 24 de outubro e o 31 de outubro, poderás consultar na aplicación web (https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre) a escola onde estás admitida ou admitido. Para formalizar a matrícula debes pinchar no botón "Formalizar matrícula" e, despois de confirmar a matrícula dentro do prazo de matrícula, tamén debes cargar na aplicación web toda a documentación necesaria dentro do prazo.

b) Para o resto dos idiomas e niveis debes seleccionar unicamente a escola onde queiras realizar a proba.

Dende o momento no que te inscribas, poderás formalizar a matrícula na aplicación web pinchando no botón "Gestión de preinscriciones" e despois no botón "formalizar matrícula". despois de confirmar a matrícula, cargar na aplicación web TODA a documentación necesaria, ata o 31 de outubro.

2. DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • O resgardo de pago.
  • Unha fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou pasaporte. (só para o alumnado que non estivo matriculado nesta escola).
  • Dúas fotografías tamaño carné. Pódense entregar presencialmente na secretaría ou escanear unha e enviala a eoi.viveiro@edu.xunta.gal (só para o alumnado que non estivo matriculado nesta escola).
  • Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro do ano de realización das probas, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o modelo do anexo I.
  • No caso de alumnado con algún tipo de discapacidade física ou sensorial que precisen adaptacións especiais do exame, deberase achegar documentación acreditativa e cubrir o formulario facilitado pola escola, que a poñerá en coñecemento do equipo de orientación específico dependente da xefatura territorial de Lugo para que se determinen as adaptacións pertinentes.
  • No caso de redución ou exención de pago de taxas, documentación xustificativa.

3. PAGO DE TAXAS.

TAXAS PARA A MATRÍCULA LIBRE

 

Ordinaria

Persoal docente da Consellería de Educación

Familia numerosa (xeral)

Familia numerosa (especial)

Minusvalía (33% ou superior)

Alumnado novo (sen expediente  aberto nunha EOI de Galicia)

68 Euros

22 Euros

34 Euros

0 Euros

0 Euros

Alumnado antigo (con expediente aberto en calquera EOI de Galicia)

46 Euros

0 Euros

23 Euros

0 Euros

0 Euros

 

CÓDIGOS PARA A MATRÍCULA NA EOI DE VIVEIRO:

  • Consellería: 07
  • Servizo: 03
  • Delegación: 20  (non poñer nunca Celeiro)
  • Taxa: 350800

 

O pagamento poderase realizar de dúas maneiras:

  1. Telemático: Podes realizar o pagamento con tarxeta a través de internet (modelo 730) ou descargar os modelos 731 ou AI para pagar no banco; preme neste enlace para seguir as instrucións resumidas pola escola. Unha vez pagado, primeiro poderás descargar o teu xustificante persoal de pago (non é necesario). Debes premer no botón continuar e descargarás o MODELO 730, que é  que debes presentar. O pagamento poderase realizar en calquera das entidades financeiras que veñen relacionas no anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992.
  2. Presencial: Recollendo o impreso na secretaría da escola (modelo E) ou xerando e descargando o modelo AI de autoliquidación de taxas (enlace) seguindo a ruta INICIAR TAXA - DESCARGAR MODELO EN BRANCO, e pagando na entidade bancaria.