Quiz polo Día Europeo das Linguas

Día Europeo das Linguas

Ven celebrar connosco a diversidade linguística no Día Europeo das Linguas!

Participa nun quiz multilingüe con preguntas sobre curiosidades das 7 linguas que se aprenden na escola e leva un premio moi especial!

Cando: Xoves, 26 de setembro
Onde: En Vite haberá 2 pases, un de mañá ás 10:15h e un de tarde ás 18:45h, ambos no salón de actos.

En Negreira ás 19:15h

En Ordes haberá 2 pases, un ás 19h e outro ás 19:30h

Pode participar calquera alumno/a da escola.

Agardámosvos!