A Asociación de Guías de Turismo de Galicia (APIT Galicia) convida ao alumnado de inglés da nosa escola e seccións a participar nunha visita guiada solidaria en inglés que vai ter lugar o día 21 de febreiro ás 17h coincidindo co Día Mundial do Guía de Turismo.
O punto de encontro será a Praza de Praterías.
Os participantes poderán contribuir cunha donación e todo o recaudado será integramente entregado a diferentes asociacións membros de FEAFES GALICIA (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia).