Actividades

Actividades

Visitounos Pedro Feijoo o 4 de febreiro de 2016

No club de lectura tivemos o privilexio de que nos visitara Pedro Feijoo. Co seu libro Morena, perigosa e románica pasamos unhas horas de risas, comentarios arredor deste e do seu libro anterior A memoria da choiva.

Actividades

Visita a Santiago de Compostela.

 

Os alumnos de Básico fixeron unha visita a Santiago de Compostela. Houbo unha visita guiada polas cubertas da Catedral dende onde puidemos divisar toda a zona vella; ao rematar a explicación visitamos o interior da  Catedral, a zona vella e  logo xantar polo Franco. O día rematou no Museo do pobo galego.

Foi un día moi aproveitado.

 

Actividades

CONTOS DE MEDO

 

O alumnado de galego participou nunha actividade da biblioteca coa lectura de contos de medo. Neste caso foi unha alumna de C1 a que fixo a representación.

 

Actividades

En outubro fomos ao cine.

O alumnado foi ver a película A praia dos afogados. Ao comezo do curso sabiamos desta estrea, de aí que todos leran o libro con interese. Logo, visionado da película e a seguir xuntanza para comentar detalles libro-película

 

 

VIAXE A PENICHE

Os departamentos de Galego e de Portugués organizamos unha viaxe a Peniche na ponte de maio. Percorremos algúns dos lugares nos que transcorre a acción da novela Resistencia.

Xornadas Culturais 2015

TERCEIRA ANDAINA

NADAL CO CELGA 4

Nos debates do Celga 4, todos defenderon sempre as súas ideas con moita paixón... e descubrimos máis dun talento para o teatro. 

Ao longo do curso fomos coñecendo moitas experiencias que nos enriqueceron a todos.

Con persoas tan participativas coma vós, eu pouco tiven que facer, agás buscar no dicionario unhas cantas veces...

Grazas polas vosas leccións diarias!

NADAL CO CELGA 3

No Celga 3 tiven un alumnado moi festeiro que conseguiu que as clases foran moi amenas: Rosa e Azucena, alegrando todas as sesións; Remedios, preocupada sempre por solucionar os problemas dos seus achegados; Yolanda, que significa `terra de riquezas´; Marta, facendo honra ao seu nome, que significa `señora´; Lucy Ângela, cun nome moi destas datas, e os nosos cabaleiros Manolo e José Antonio, que non puideron asistir o último día.

Xuntos aprendemos moito e non só de lingua!

Grazas pola vosa simpatía e pola primavera en pleno Nadal!

 

OS FENÓMENOS

O alumnado dos niveis básico, intermedio e avanzado acudiron a unha segunda cita co cine galego: Os fenómenos, drama dirixido por Alfonso Zarauza.

Distribuir contido